Iniciar sesión: Acceso

Plans do centro

Normas de uso do Comedor Escolar 2023-2024

NORMAS DE USO DO COMEDOR ESCOLAR DURANTE O CURSO 2023/2024

 

   Estimadas familias usarias do servizo de comedor:

 

   O servizo de comedor escolar constitúe un recurso inestimable para a nosa

comunidade escolar xa que axuda a conciliar a vida familiar e laboral e é un

recurso pedagóxico moi valioso porque favorece a independencia, a responsabilidade do alumnado e fomenta a solidariedade e a convivencia.

   Nos últimos anos, o CEIP Melide N°1 está a recibir máis solicitudes das que pode atender polo que moitas familias queda fóra do servizo. Por esta razón, queremos facervos chegar unhas normas de uso responsable do servizo para que todos os usuarios e usarias saquen o maior proveito posible.

 

1. Non poderán acceder ao servizo aqueles/as usuarios/as que non estean ao

corrente das súas obrigas de pagamento do curso pasado.

2. O impago dos prezos públicos correspondentes a cada mes impedirán a utilización nos meses seguintes , mentres non se proceda á oportuna regularización dos pagamentos. Esta situación pode conlevar incluso á perda total da praza.

3. Non se realizará ningún desconto que non estea debidamente

xustificado (enfermidade, deber inexcusable, etc). Para iso, o centro conta

cun "documento de desconto" no que se especificarán os días e o motivo da ausencia (tamén estará a disposición das familias na web). Ese documento deberá ser entregado en conserxería antes do día 25 de cada mes. Os descontos posteriores a esa data aplicaranse no seguinte recibo.

4. As faltas de asistencia ao comedor deberán ser debidamente xustificadas. Todo alumnado que non faga uso do citado servizo coa frecuencia solicitada, causará automaticamente baixa no servizo.

5. Todo o alumnado que en tres ocasións non comunique a súa ausencia antes das 10:00 horas do día que deba ter efecto, será suspendido pola Dirección do servizo de comedor durante 10 días.

Os/As usuarios/as deberán comunicar obrigatoriamente ao centro os días que no vaian facer uso do comedor antes das 10:00 de cada día se queren que eses días sexan tidos e consideración nos pagamentos. Ao final do mes, adxuntarase igualmente o documento de desconto debidamente cumplimentado.

O pagamento satisfarase entre o día 1 e o 20 do mes seguinte ao da prestación do servizo. Pregamos que para un mellor funcionamento, se entregue canto antes.

O servizo de comedor é un recurso complemetario moi valioso para o noso

centro, un servizo do cal presumimos pola calidade que ofrece así que

pregamos un uso responsable pola vosa parte, e más considerando que hai moitos solicitantes que non poden acceder a el.

 

Un saúdo,

A Direción do CEIP Melide N°1

Distribuir contido