Iniciar sesión: Acceso

Radio Escolar 2023-2024: Museo da Terra de Melide

 

 

O grupo de nenos e nenas de 5º de Educación Primaria, dentro da materia de Proxecto Competencial, entrevistou a Cristina Vázquez, arqueóloga do Museo da Terra de Melide. Este grupo de alumnos/as leva traballando estes dous trimestres sobre as lendas e mitos da nosa comarca facendo uso de diversos recursos: Libro "Terra de Melide" do Seminario de Estudos Galegos, páxina web "Galicia Encantada", ... Este traballo ten como finalidade a súa exposición para o resto de grupos do centro ao longo do último trimestre.

Á súa vez, o centro está a facer uso dalgúns recursos para traballar dentro do marco dos Polos Creativos, que pretende implementar a innovación dentro da escola. Neste caso, fixemos uso do equipo de Radio Escolar. Os cativos/as gozaron de pleno da experiencia.

Comeza a abrirse un novo espazo no noso centro.