Iniciar sesión: Acceso

Entroido no CEIP de Melide Nº1

Neste 2023, o CEIP de Melide Nº1 continúa a traballar a celebración dos diferentes Entroidos que temos en Galicia. O pasado ano centramos o traballo na figura dos Xenerais da ulla, todo un éxito. Este ano viaxamos un pouquiño máis ao sur para coñecer o Entroido de Cobres, no Concello de Vilaboa(Pontevedra), para enchernos de cores e flores coas Madamas e Galáns. Unha vestimenta moi vistosa que fará que o noso alumnado rebose de cor.

Ao final desta publlicación deixámosvos unha pequeniña mostra de como deben ser os traxes.

Por outra banda, como todos os anos, ao longo da semana de 13 ao 17 de febreiro imos seguir as consignas do Entroido, nas que cada un dos días teremos que vir con parte do traxe. Aquí vos queda de xeito máis detallado:

1.O LUNS NON O IMOS COMPLICAR, DÚAS CINTAS DE CORES EN AMBOS BRAZOS E LISTOS PARA BAILAR.

2.O MARTES SE DE GALÁN TE QUERES DISFRAZAR, CON GARABATA VIRÁS. E SE QUERES VIR DE MADAMA, XOIAS E ALFAIAS.

3.SEGUIMOS A COMPLETAR O DISFRAZ O MÉRCORES: TOCARÁ MANDIL CON CINTAS PARA AS DAMAS E MANTÓN DE FLECOS PARA OS GALÁNS.

4.O MAIS VISTOSO DO DISFRAZ, O XOVES TRAERÁS: UN SOMBREIRO DE COPA GRANDE BEN DECORADO VIRÁ. CANTAS MAIS FLORES, CINTAS E PLUMAS, MAIS BONITO QUEDARÁ.

5.O VENRES VESTIDOS DE BRANCO VIRÁN E NO TORSO, PANO CRUZADO OU PEITORIL POÑERAN PARA ASI ACABAR O TRAXE DE REMATAR.

AGRADECEMOS MOITO A VOSA COLABORACIÓN.

 

   

 

 

Tamén, para poñernos máis en contexto, deixámosvos unha pequena reportaxe sobre o Entroido de Cobres que nos pode servir para coñecer un chisco mellor este interesante entroido.

Entroido de Cobres