Iniciar sesión: Acceso

Eleccións Consello Escolar 2022

ELECCIÓNS CONSELLO ESCOLAR 2022

Este ano toca renovación parcial dos membros do Consello Escolar, tal como
se recolle na Resolución do 19 de setembro de 2022, da Dirección Xeral de
Ordenación e Innovación Educativa (DOG 30/09/2022).

DATAS IMPORTANTES:

10 de novembro: Publicación do censo de pais/nais/responsables no taboleiro
do interior do centro. (Podedes pasar a consultalo, por se hai que correxir algún
erro)

Ata o 17 de novembro: Período de reclamación ao censo.
Do 11 ao 18 de novembro: PRAZO DE PRESENTACIÓN DE
CANDIDATURAS (na secretaría do centro).

21 de novembro: Publicación das candidaturas admitidas.

22 e 23 de novembro: Prazo de reclamación ás candidaturas.

28 de novembro: DÍA DAS ELECCIÓNS.

NA BIBLIOTECA DO CENTRO OS PAIS/NAIS/RESPONSABLES , poderán
exercer o seu dereito a voto entre as 15:30 e as 18:00h.

Segundo se indica no DECRETO 92/1988 DO 28 DE ABRIL no seu artigo 42:
O voto será directo, secreto e non delegable. Cada elector deberá acreditala
súa personalidade mediante a presentación do documenta nacional de
identidade ou calquera outro documento acreditativo.”

A DIRECTORA DO CENTRO E
PRESIDENTA DA XUNTA ELECTORAL.

Menú comedor Novembro 2022

Deixámosvos o menú do comedor correxido, logo de subir un que non era erróneamente.

Celebración Samaín/Halloween 2022

 

 

Desde hoxe tedes á vosa disposición nas correspondentes aulas virtuais do centro un vídeo sobre a celebración de Samaín-Halloween no centro, ademais da entrega de premios do concurso de cabazas. Para o alumnado foi emocionante voltar a celebrar de xeito conxunto e sen restriccións un acontecemento. 

http://www.edu.xunta.gal/centros/ceipnumero1melide/aulavirtual/

 

Programación Xeral Anual 2022-2023

 

Aquí vos deixamos a Programación Xeral Anual do presente curso 2022-2023.

Menú Outubro 2022

Aquí vos deixamos o menú do comedor escolar que corresponde ao mes de outubro.

Boas prácticas cos equipos EDIXGAL

 

Aquí vos deixamos o tríptico que se lle facilitou ao alumnado que comeza este curso con EDIXGAL. É moi importante trasladarlles o valor de coidar o material que se lles cede para que nos vindeiros cursos, estes equipos poidan ser utilizados con plenitude.

Información Edixgal

 

Seguindo pendentes da reunión nos vindeiros días para informar persoalmente ás familias sobre EDIXGAL, aquí vos deixamos a parte esencial, pero útil, da infromación sobre o proxecto de educación dixital. 

Menú do Comedor Escolar Setembro 2022

Como cada curso, aquí vos deixamos o menú escolar para o presente mes de setembro.

Benvidas/os ao curso escolar 2022-2023

O 8 de setembro comeza o novo curso escolaro 2022-2023. Agardamos que todas e todos poidamos comezar coas pilas cargadas de ilusión, forza, ganas de aprender e de vivir novas experiencias. 

AVISO DE ERRO en listaxe de libros de texto.

 Avísase dun erro na listaxe dos libros de texto colgada nesta web no pasado mes de xuño. Nesa listaxe débense eliminar os libros de Inglés de 4º cos ISBN 978-0-19-450351-8 e 978-0-19-450352-5, que corresponden aos Class Book e Activity Book de Oxford Rooftops. No seu lugar, o ISBN do libro que ten que ser é  9780194167918, que corresponde ao Activity Book de Oxford Amazing Rooftops.

Agardamos desculpen as molestias.

 

 

Distribuir contido