Iniciar sesión: Acceso

Menú Comedor Escolar Xaneiro 2023

Como cada mes, aquí vos deixamos o menú do noso comedor escolar.

Felicitación Nadal 2022

Desde o CEIP Nº1 de Melide desexamos a toda a comunidade educativa unhas boas festas e moita saúde. 

 
Vémonos á volta !!!

Vídeo sobre a Violencia de Xénero

O pasado mes de novembro, parte do alumnado de 6º de Educación Primaria ideou o guión e rodou un vídeo no que se quería plasmar o punto de vista que eles e elas teñen sobre un problema que, desgraciadamente, está moi presente na nosa sociedade.

Menú Comedor Escolar Decembro 2022

Como de costume, aquí vos deixamos o menú do comedor escolar para o mes de Nadal.

Sesións de cine e teatro coeducativo

O pasado luns e martes desta semana tivemos no centro unhas sesións de teatro e cine coeducativo para o alumnado de educación Infantil. Aquí tendes unha pequena mostra.

25N: Día Internacional Contra a Violencia de Xénero

No día de hoxe conmemorouse esta data, como todos os anos, con solemnidade e respecto ás persoas que día a día teñen que pasar polo calvario de ser vítimas desta violencia. Durante o acto celebrado neste día poidemos visionar unha curtamentraxe que o alumnado de 6º de Educación Primaria grabou duranto o pasado mes de outubro. Tamén se cantou a canción "Loba" de Rozalén e gardouse un minuto de silencio honrando ás vítimas desta lacra que nos acompaña día a día.

Actividades de baile e teatro coeducativo

Na xornada de onte, tivemos no noso centro dúas actividades de teatro e baile coeducativos desde o Concello de melide. Aquí vos deixamos unha pequena mostra do acontecido:

Xornada de contacontos!

Hoxe o alumnado de Educación Infantil puido gozar dunha sesión de contacontos con Raquel Queizas. Gracias á Asociación Anedia(Asociación de Nenos, Nenas e Xente Nova con Diabetes de Galicia) por aportarnos estes momentos de ledicia aos máis pequenos.

Charlas sobre IGUALDADE

O pasado venres tivemos no noso centro unhas charlas sobre igualdade para todo o alumnado. Unhas charlas que a todos e todas nos fan reflexionar sobre un tema de tanta actualidade.

A maxia e a igualdade visita o centro.

Hoxe, xoves 17 de novembro, tivemos a visita de dúas magas que amenizaron a xornada con maxia dentro do contexto da igualdade. Aquí deixamos unha mostra do acontecido. 

Distribuir contido