Iniciar sesión: Acceso

Consignas do Antroido para o mércores!

 

Este mércores hai que levar mandil con cintas para as madamas e mantón con flecos para os galáns.

Consignas do Antroido para o martes!

Para hoxe martes, teremos que ir os nenos cunha garabata vermella e as nenas con xoias e alfaias para ser unhas madamas e galáns ben parecidos.

As consignas do Antroido

Hoxe luns púidose comezar coas consignas do Antroido, No día de hoxe tivemos que levas os brazos cos lazos de cores. A ver que nos depara o día de maña!

Presentación do Entroido de Cobres

Con motivo da temática que este ano nos ocupa na celebración do entroido, puidemos onte gozar da presentación dos traxes orixinais do Entroido de Cobres, no Concello de Vilaboa(Pontevedra). Tamén se amenizou dito acto coa actuación de alumnos dos tres centros da vila e cos mestres dos mesmos. Unha marabilla!

 

 

Día da Paz 2023

Con motivo da conmemoración do Día da Paz, non queremos esquecer a importancia deste valor que sempre debe estar presente na nosa vida. Logo de facer unha recollida de frases que fomenten a paz e a convivencia entre as persoas, decidimos decorar o noso centro dándolle cor e conciencia. Fermosas mensaxes, para fermoso sentimento.

 

 

 

Escape Room no cole!

Na xornada do pasado luns 30 de xaneiro, o alumnado de Primaria puido desfrutar dunha actividade que estimulou a súa curiosidade e habilidade para descubrir misterios. Foi unha Escape Room proporcionada pola Anpa "O Forte", e que os cativos e cativas gozaron enormemente ao longo do día. Unha marabilla!

Menú Comedor Escolar Febreiro 2023

Como cada mes, aquí vos deixamos o menú para o vindeiro mes de febreiro.

Entroido no CEIP de Melide Nº1

Neste 2023, o CEIP de Melide Nº1 continúa a traballar a celebración dos diferentes Entroidos que temos en Galicia. O pasado ano centramos o traballo na figura dos Xenerais da ulla, todo un éxito. Este ano viaxamos un pouquiño máis ao sur para coñecer o Entroido de Cobres, no Concello de Vilaboa(Pontevedra), para enchernos de cores e flores coas Madamas e Galáns. Unha vestimenta moi vistosa que fará que o noso alumnado rebose de cor.

Ao final desta publlicación deixámosvos unha pequeniña mostra de como deben ser os traxes.

Por outra banda, como todos os anos, ao longo da semana de 13 ao 17 de febreiro imos seguir as consignas do Entroido, nas que cada un dos días teremos que vir con parte do traxe. Aquí vos queda de xeito máis detallado:

1.O LUNS NON O IMOS COMPLICAR, DÚAS CINTAS DE CORES EN AMBOS BRAZOS E LISTOS PARA BAILAR.

2.O MARTES SE DE GALÁN TE QUERES DISFRAZAR, CON GARABATA VIRÁS. E SE QUERES VIR DE MADAMA, XOIAS E ALFAIAS.

3.SEGUIMOS A COMPLETAR O DISFRAZ O MÉRCORES: TOCARÁ MANDIL CON CINTAS PARA AS DAMAS E MANTÓN DE FLECOS PARA OS GALÁNS.

4.O MAIS VISTOSO DO DISFRAZ, O XOVES TRAERÁS: UN SOMBREIRO DE COPA GRANDE BEN DECORADO VIRÁ. CANTAS MAIS FLORES, CINTAS E PLUMAS, MAIS BONITO QUEDARÁ.

5.O VENRES VESTIDOS DE BRANCO VIRÁN E NO TORSO, PANO CRUZADO OU PEITORIL POÑERAN PARA ASI ACABAR O TRAXE DE REMATAR.

AGRADECEMOS MOITO A VOSA COLABORACIÓN.

 

   

 

 

Tamén, para poñernos máis en contexto, deixámosvos unha pequena reportaxe sobre o Entroido de Cobres que nos pode servir para coñecer un chisco mellor este interesante entroido.

Entroido de Cobres

 

 

Xogos Populares e Tradicionais no noso centro

Desde o Equipo de Dinamización da Lingua Galega deste centro estamos a fomentar o uso de xogos populares e tradicionais nos tempo de lecer. Aquí vos deixamos un enlace para poder ver un extenso catálogo que se nos proporciona desde o Observatorio do Patrimonio Lúdico. Á súa vez, tamén poderemos descargar a App dos xogos tradicionais nos nosos dispositivos móbiles para que poidamos desfrutar cos cativos en calquera momento. A App está dispoñible tanto para os dispositivos iOS(iPhone/iPad) coma para Android(resto de dispositivos agás Huawei).

 

Xogos Populares e Tradicionais

Reserva de praza para 1º E.S.O. do alumnado de 6º Educación Primaria

Como reza o título desta entrada, ábrese o prazo de reserva de praza do alumnado de 6º Educación Primaria no IES para o 1º curso de E.S.O. 

Para unha información máis pormenorizada, podedes clicar AQUÍ e poder ver un documento informativo.

Distribuir contido