Iniciar sesión: Acceso

2 de abril: Día Mundial da Concienciación sobre o Autismo

 

O 2 de abril celébrase o Día Mundial de Concienciación sobre o Autismo, unha data instaurada por Nacións Unidas para visibilizar ás personas con trastorno do espectro autista (TEA) e contribuir a promover o exercicio efectivo dos seus dereitos.

Dende o noso Centro queremos unirnos a esa reivindicación e por iso,nestes días se estuvieron a realizar símbolos de ♾️ co alumnado e , no día de hoxe, traballamos nas distintas titorías o visionado de curtas,contos e videos sobre diversidade, inclusión e de concienciación sobre o TEA Dende o noso Centro queremos unirnos a esa reivindicación e por iso,nestes días se estuvieron a realizar símbolos de ♾️ co alumnado e , no día de hoxe, traballamos nas distintas titorías o visionado de curtas,contos e videos sobre diversidade, inclusión e de concienciación sobre o TEA.

Ademáis de encher o noso Centro de infinitos diversos!!

E cal é o porqué destes infinitos?

O símbolo do infinito colorido está fortemente ligado coa descrición propia do termo autismo. O autismo non é lineal, senón un espectro, unha condición diversa. Este infinito coa gama de cores do arco da vella amosa esa gran diversidade e singularidade.

 

Animámosvos a participar desta iniciativa dende os vos fogares enchendo fiestas, portas...de infinitos decorados polos vos pequen@s

Máis Info AQUÍ

 

 

 

 
 

21 de marzo: Día Mundial do Síndrome de Down

Desde o Dpto. de Orientación do noso centro levouse a cabo unha inciativa en prol de celebrar o Día Mundial do Síndrome de Down. Coa sempre presente intención de educar desde a diversidade, pediuse ao alumnado, profesorado e persoal non docente sumarse a traer nese día calcetíns desparellados como símbolo da diferenza dentro da igualdade. Aquí deixamos unha mostra, ademais do mural que estivo nese día colocado na entrada do centro.

Migallas para o CEIP de Melide Nº1

Sempre é un bo momento para asistir a un concerto. Hoxe o alumnado de todos os niveis puido gozar dun concerto moi divertido no Centro Sociocultural "Mingos de Pita" de Migallas. Sen dúbida pasárono moi ben!

 

Aquí queda unha mostra do vivido. 

8M no no CEIP de Melide Nº1

Con motivo da celebración do 8 de marzo no noso centro, tivemos unha actividade moi especial. Aquí vos queda un mostra:

SCHOOL TV

Durante a primeira metade deste segundo trimestre, parte do alumnado de Sexto de Educación Primaria levou a cabo unha actividade desde a aula de Inglés e coa colaboración do Equipo TIC's na que convertiron a escola nun estudio de televisión. Nenos e nenas fixeron de reporteiros/as, presentadores/as, xornalistas e entrevistadores/as. Sen dúbida, tanto alumnado como profesorado implicado, gozou moito con esta actividade que, esperemos, se repita neste ou noutro formato.

 

 

Día de Rosalía de Castro

Con motivo da celebración do Día de Rosallia de Castro, no centro quixemos conmemoralo facendo lectura de varios poemas da autora de Padrón, así como elaborar uns carteis decorativos para as portas das aulas. Ademais, de xeito colaborativo, o alumnado confeccionou un mosaico da figura de Rosalía aportando cada un o seu estilo. Bo traballo!

 

 

 

Menú Comedor Escolar Marzo 2023

Como cada mes, queda á disposición da comunidade educativa o menú do comedor do noso centro para o mes de marzo.

Preme AQUÍ para descargar o documento.

Admisión de alumnado para o curso 2023-2024

Queda aberto o prazo de SOLICITUDE DE ADMISIÓN no noso centro desde o 1  ata o día 20 de marzo. Os documentos necesarios para facer dito trámite están dispoñibles no centro. tamén se poden descargar automáticamente clicando AQUÍ.

Para o vindeiro curso, o noso centro conta coas seguintes prazas vacantes nos diferentes cursos:   

      

4º INFANTIL

25*

5º INFANTIL

5

6º INFANTIL

4

1º PRIMARIA

9*

2º PRIMARIA

0

3º PRIMARIA

1

4º PRIMARIA

0

5º PRIMARIA

4

6º PRIMARIA

0

 

CALENDARIO DE ADMISIÓN

 

DO 1 DE MARZO AO 20 DE MARZO

Presentación de solicitudes

DO 21 DE MARZO AO 13 DE ABRIL

Presentación documentación Baremo, NO

CASO DE HABER MÁIS SOLICITUDES QUE PRAZAS.

25 DE ABRIL

Publicación de listaxes PROVISIONAIS

DO 26 DE ABRIL AO 5 DE MAIO

Presentación de reclamacións

15 DE MAIO

Publicación de listaxes DEFINITIVAS

DO 16 DE MAIO A 14 DE XUÑO

Prazo presentasción de recurso de alzada

DO 20 AO 30 DE XUÑO

Formalización de matrícula

 

*En 4º de Infantil 3 prazas están reservadas para alumnado NEE ao igual que en 1º de Primaria. Observacións:

Entre o 1 de marzo e a data de publicación da listaxe provisional de admitidos e exluídos o número de vacantes pode sufrir variacións por mor da escolarización extraordinaria.

 

ÁREA DE INFLUENCIA

 

PARROQUIAS INCLUÍDAS NA ÁREA DE INFLUENCIA
Baltar, Grobas, Orois, Golán, Maceda, Xubial, Pedrouzos, Santa Eulalia de Agrón, Zas de Rei, Gondolllín, Folladela, Vitiriz, O Barreiro, San Cibrao, Castro, Os Ánxeles, San Salvador, Parte de Santa María: inclúe as paradas de transporte de O Mesón e O Rañado, parte de San Martiño das Varelas: inclúe as paradas de transporte de Motouto, Cruce Reboredo e Montoutiño. 

Para máis INFORMACIÓN, as familias teñen o documento completo á súa disposición nesta publicación.

DOCUMENTO INFORMATIVO

 

Melide, a 28 de febreiro de 2023.

O Antroido no CEIP de Melide Nº1

 

Xa pasou o tempo de Antroido no noso centro e xa estamos preparados para a segunda parte deste segundo trimestre. Cómpre agradecer o esforzo e traballo do alumnado e das familias que compoñen a familia do Nº1 na elaboración dos traxes que tan lucidos quedaron e tan cheos de cor e alegría desfilaron polas rúas da nosa vila.

 

Consignas do Antroido para o xoves!

 

 

O xoves, como último día antes de presentar todo o traxe alaborado, deberemos traer os nosos sombreiros ben decorados de flores e cintas!

Distribuir contido