Iniciar sesión: Acceso

16 de outubro: Día das Escritoras

Hai tantas e tan boas...Unhas premiadas, outras coñecidas e moitas esquecidas.

Fagamos o posible para que a nosa cativada se beneficie da riqueza do talento que esas mulleres poñen ao servizo da sociedade.

Menú Comedor Outubro 2023

Premer AQUÍ para ver o menú do mes de outubro

Normas de uso do Comedor Escolar 2023-2024

NORMAS DE USO DO COMEDOR ESCOLAR DURANTE O CURSO 2023/2024

 

   Estimadas familias usarias do servizo de comedor:

 

   O servizo de comedor escolar constitúe un recurso inestimable para a nosa

comunidade escolar xa que axuda a conciliar a vida familiar e laboral e é un

recurso pedagóxico moi valioso porque favorece a independencia, a responsabilidade do alumnado e fomenta a solidariedade e a convivencia.

   Nos últimos anos, o CEIP Melide N°1 está a recibir máis solicitudes das que pode atender polo que moitas familias queda fóra do servizo. Por esta razón, queremos facervos chegar unhas normas de uso responsable do servizo para que todos os usuarios e usarias saquen o maior proveito posible.

 

1. Non poderán acceder ao servizo aqueles/as usuarios/as que non estean ao

corrente das súas obrigas de pagamento do curso pasado.

2. O impago dos prezos públicos correspondentes a cada mes impedirán a utilización nos meses seguintes , mentres non se proceda á oportuna regularización dos pagamentos. Esta situación pode conlevar incluso á perda total da praza.

3. Non se realizará ningún desconto que non estea debidamente

xustificado (enfermidade, deber inexcusable, etc). Para iso, o centro conta

cun "documento de desconto" no que se especificarán os días e o motivo da ausencia (tamén estará a disposición das familias na web). Ese documento deberá ser entregado en conserxería antes do día 25 de cada mes. Os descontos posteriores a esa data aplicaranse no seguinte recibo.

4. As faltas de asistencia ao comedor deberán ser debidamente xustificadas. Todo alumnado que non faga uso do citado servizo coa frecuencia solicitada, causará automaticamente baixa no servizo.

5. Todo o alumnado que en tres ocasións non comunique a súa ausencia antes das 10:00 horas do día que deba ter efecto, será suspendido pola Dirección do servizo de comedor durante 10 días.

Os/As usuarios/as deberán comunicar obrigatoriamente ao centro os días que no vaian facer uso do comedor antes das 10:00 de cada día se queren que eses días sexan tidos e consideración nos pagamentos. Ao final do mes, adxuntarase igualmente o documento de desconto debidamente cumplimentado.

O pagamento satisfarase entre o día 1 e o 20 do mes seguinte ao da prestación do servizo. Pregamos que para un mellor funcionamento, se entregue canto antes.

O servizo de comedor é un recurso complemetario moi valioso para o noso

centro, un servizo do cal presumimos pola calidade que ofrece así que

pregamos un uso responsable pola vosa parte, e más considerando que hai moitos solicitantes que non poden acceder a el.

 

Un saúdo,

A Direción do CEIP Melide N°1

Listaxes Comedor Escolar 2023-2024

Desde hoxe, as familias teñen as listaxes de alumnado admitido e excluído para facer uso do Comedor Escolar no presente curso. Tamén, á súa vez queda aberto o prazo para posibles reclamacións ata o vindeiro mércores día 13 de setembro.

Menú Comedor Escolar Setembro 2023

 

Como de costume, poñemos á disposición das familias e demais comunidade eductiva o menú do Comedor Escolar deste mes de setembro.

 

Prema AQUÍ para visualizar e descargar o documento.

Benvida ao novo curso 2023-2024

Este luns 11 de novembro comezamos un novo curso no noso centro. Desde o Equipo directivo,docentes e persoal non docente do centro, queremos dar a benvida ao resto da comunidade educativa e desexar o mellor para o curso que iniciamos.

AVISO: Ás 9:35h, o equipo directivo indicará e dará acceso ás familias para acudir ás reunións de inicio de curso en cada unha das aulas.

Instrucción 2/2023 sobre o Funcionamento dos Comedores Escolares

 

Aquí poderás descergar e consultar a nova Instrucción sobre o funcionamento dos Comedores Escolares.

 

Prema AQUÍ para ver o documento.

ANEXO II Modelo de Autodeclaración e Especificacións COMEDOR ESCOLAR

Queda á disposición das familias do noso centro o documento correspondente ao Anexo II que se refire ao Modelo de Autodeclaración e Especificación para complementar á solicitude de servizo de comedor escolar para o vindeiro curso 2023-2024.

 

Prema AQUÍ para poder descargalo ou imprimilo.

Prazos para o Fondo Libros 2023-2024

Estes son os prazos estipulados para as diferentes fases do trámite para o Fondo Libros do vindeiro curso 2023-2024.

 

-LISTAXES PROVISIONAIS:                         26 DE XUÑO.

 

-PRAZO DE RECLAMACIÓN:                       27 E 28 DE XUÑO.

 

-LISTAXES DEFINITIVAS:                            30 DE XUÑO.

 

-ENTREGA DE VALES*:                               3 AO 7 DE XULLO.

 

A entrega dos libros farase efectiva no mes de setembro.

 

 

*Os vales tamén se poden recollen en setembro

Listaxe de libros de texto para o curso 2023-2024

 

Xa queda á disposición das familias a listaxe de libros de texto para o vindeiro curso 2023-2024.

Premer AQUÍ para descargar o arquivo.

Distribuir contido