Iniciar sesión: Acceso

Consellos para afrontar a nova onda de contaxios nos centros escolares.

Aquí vos deixamos unha infografía que nos proporciona consellos para tomar medidas nos centros escolares ante a nova onda de contaxios. (ABRIR O DOCUMENTO ADXUNTO PARA VER A MAIOR RESOLUCIÓN)

AVISO IMPORTANTE PARA AS HORAS DE RECREO

Estimadas familias:

Nos últimos tempos vimos observando certas interaccións ás horas de recreo que rompen a harmonía da convivencia escolar. Familias que se achegan a saudar, ver e dar recados aos nenos e nenas aproveitando eses momentos. Os recreos son parte da XORNADA LECTIVA e son moi importantes posto que o alumnado desenvolve neles as súas capacidades sociais.

Por iso, de ningún xeito, poden ser molestado por persoas que están no exterior. Se queredes dar algún aviso empregade os teléfonos do centro; se o alumnado manifesta en casa algún tipo de problema ou malestar, acudide ás persoas titoras que farán todo o posible para restablecer e mellorar a convivencia escolar.

Respectade os momentos de lecer, pois son parte do horario escolar.

Un saúdo.

Reparto de máscaras entre o alumnado

 

   Comeza o reparto de máscaras entre o alumnado de Primaria nas seguintes quendas:

           - Mércores 12 en horario de 9:30 a 10:15 e de 15:30 a 16:00, alumnado de 1º e 2º.

          - Xoves 13, no mesmo horario, alumnado de 3º e 4º.

          - Venres 14, mesmo horario, alumnado de 5º e 6º.

          - Luns 17, mesmo horario, alumnado que non puido recoller na quenda correspondente.

   Recordade que, para unha boa organización, é necesario que:

          - Respectedes a quenda correspondente,

          - Acuda só a persoa solicitante ou, de non ser posible, unha persoa cunha autorización debidamente asinada pola persoa solicitante.

          - É beneficiario só aquel alumnado que recibiu o vale para a compra de material escolar (cheque dos 50 euros) ou aquel que o solicitou por outras causas. 

Menú COMEDOR Xaneiro 2022

Menú do Comedor Escolar para o mes de xaneiro de 2022.

Menú Comedor Escolar Decembro 2021

Menú do presente mes de decembro para o comedor escolar.

Distribución Máscaras

Listado provisional exposto no taboleiro do centro. É todo o alumnado que foi beneficiario dos vales de material.

Nos vindeiros días avisaremos para a recollida de máscaras por cursos.

25-N : Día Internacional da Eliminación da Violencia contra a Muller

O alumnado de 3º de Educación Primaria comparte con todos nós este pequeno vídeo que tan ben explica a problemática da Violencia de Xénero.

Eleccións ao Consello Escolar 2021-2022

Relación de candidaturas admitidas ao sector de pais e nais do alumnado.

Menú COMEDOR Novembro 2021

Menú correspondente ao mes de novembro de 2021.

Distribuir contido