Iniciar sesión: Acceso

Secretaría

Fondo Solidario Libros 2023-2024

Desde hoxe queda aberto o prazo para a solicitude do Fondo Solidario de Libros de Texto para o vindeiro curso 2023-2024.

O prazo para ditas solicitudes comeza o luns 22 de maio e remata o 21 de xuño. O trámite poderase levar a cabo tanto de xeito telemático coma presencia no centro. No caso da solicitude presencial, farase en horario de Secretaría de luns a venres de 13.40h a 14.40h.

De xeito máis detallado prema AQUÍ para ver as distintas modalidades, xunto co resto de información relevante para realizar o trámite.

INFORMACIÓN ADMISIÓN

 

Infórmase de que todo o alumnado que entregou dentro de prazo a solicitude de matrícula en 4º de Educación Infantil e 1º de Educación Primaria ten CONFIRMADA a súa admisión no centro. 

Igualmente, para calquera dúbida, está a disposición das familias a listaxe provisional de admitidos no taboleiro do interior do noso centro.

 ACLARACIÓN: O alumnado que promociona de 6º de Educación Infantil a 1º de Educación Primaria non precisa facer trámite algún para a matrícula, pois esta faise efectiva de xeito autmático.

Admisión de alumnado para o curso 2023-2024

Queda aberto o prazo de SOLICITUDE DE ADMISIÓN no noso centro desde o 1  ata o día 20 de marzo. Os documentos necesarios para facer dito trámite están dispoñibles no centro. tamén se poden descargar automáticamente clicando AQUÍ.

Para o vindeiro curso, o noso centro conta coas seguintes prazas vacantes nos diferentes cursos:   

      

4º INFANTIL

25*

5º INFANTIL

5

6º INFANTIL

4

1º PRIMARIA

9*

2º PRIMARIA

0

3º PRIMARIA

1

4º PRIMARIA

0

5º PRIMARIA

4

6º PRIMARIA

0

 

CALENDARIO DE ADMISIÓN

 

DO 1 DE MARZO AO 20 DE MARZO

Presentación de solicitudes

DO 21 DE MARZO AO 13 DE ABRIL

Presentación documentación Baremo, NO

CASO DE HABER MÁIS SOLICITUDES QUE PRAZAS.

25 DE ABRIL

Publicación de listaxes PROVISIONAIS

DO 26 DE ABRIL AO 5 DE MAIO

Presentación de reclamacións

15 DE MAIO

Publicación de listaxes DEFINITIVAS

DO 16 DE MAIO A 14 DE XUÑO

Prazo presentasción de recurso de alzada

DO 20 AO 30 DE XUÑO

Formalización de matrícula

 

*En 4º de Infantil 3 prazas están reservadas para alumnado NEE ao igual que en 1º de Primaria. Observacións:

Entre o 1 de marzo e a data de publicación da listaxe provisional de admitidos e exluídos o número de vacantes pode sufrir variacións por mor da escolarización extraordinaria.

 

ÁREA DE INFLUENCIA

 

PARROQUIAS INCLUÍDAS NA ÁREA DE INFLUENCIA
Baltar, Grobas, Orois, Golán, Maceda, Xubial, Pedrouzos, Santa Eulalia de Agrón, Zas de Rei, Gondolllín, Folladela, Vitiriz, O Barreiro, San Cibrao, Castro, Os Ánxeles, San Salvador, Parte de Santa María: inclúe as paradas de transporte de O Mesón e O Rañado, parte de San Martiño das Varelas: inclúe as paradas de transporte de Motouto, Cruce Reboredo e Montoutiño. 

Para máis INFORMACIÓN, as familias teñen o documento completo á súa disposición nesta publicación.

DOCUMENTO INFORMATIVO

 

Melide, a 28 de febreiro de 2023.

Reserva de praza para 1º E.S.O. do alumnado de 6º Educación Primaria

Como reza o título desta entrada, ábrese o prazo de reserva de praza do alumnado de 6º Educación Primaria no IES para o 1º curso de E.S.O. 

Para unha información máis pormenorizada, podedes clicar AQUÍ e poder ver un documento informativo.

Programación Xeral Anual 2022-2023

 

Aquí vos deixamos a Programación Xeral Anual do presente curso 2022-2023.

COMEDOR ESCOLAR: ANEXO II-Modelo de Autodeclaración e Especificacións

Queda á disposición das familias o Anexo II-Modelo de Autodeclaración e Especificacións para a solicitude do COmedor Escolar para o vindeiro curso 2022-2023.

Listado definitivo de libros de texto para o Curso 2022-2023

Queda á disposición das familias o listado de libros de texto de todos os curos correspondente ao vindeiro curso 2022-2023.

Fondo Solidario de libros de texto 2022-2023

 

Xa está publicada a orde pola que se convocan as axudas para o Fondo Solidario de libros de texto para o vindeiro curso 2022-2023.

 

Clicando AQUÍ podedes acceder á aplicación web para tramitar telemáticamente a solicitude.

 

Tamén, poñemos á vosa disposición os anexos necesarios, ademais dun documentos que o centro elabora para informar sobre este trámite.

Admisión de Alumnado para o curso 2022-2023

 ADMISIÓN DE ALUMNOS PARA O CURSO 2022 - 2023

Aberto o plazo dende mañá 1 de marzo ata o día 21 para a solicitude de matrícula no noso centro para o vindeiro curso. Os impresos poden solicitarse na secretaría do centro e tamén pódese facer a solicitude a través da seguinte páxina web:

https://www.edu.xunta.es/admisionalumnado/

 

O CEIP Melide Nº 1 conta para o vinderio curso académico 2022-2023 as seguintes prazas vacantes:

 

CURSO

VACANTES

4º EDUCACIÓN INFANTIL

25*

5º EDUCACIÓN INFANTIL

6

6º EDUCACIÓN INFANTIL

8

1º ED. PRIMARIA

1*

2º ED. PRIMARIA

1

3º ED. PRIMARIA

2

4º ED. PRIMARIA

2

5º ED. PRIMARIA

2

6º ED. PRIMARIA

16

  

OBSERVACIÓNS:

En 4º de Ed. Infantil 3 prazas están reservadas para o alumnado NEE ao igual que a vacante de 1º de Ed. Primaria.

Entre o 1 de marzo e a data de publicación da listaxe provisionar de admitidos e excluídos, o número de vacantes pode sufrir variacións por mor da escolarización extraordinaria.

 

ÁREA DE INFLUENCIA:

 

PARROQUIAS INCLUÍDAS NA ÁREA DE INFLUENCIA
Baltar, Grobas, Orois, Golán, Maceda, Xubial, Pedrouzos, Santa Eulalia de Agrón, Zas de Rei, Gondolllín, Folladela, Vitiriz, O Barreiro, San Cibrao, Castro, Os Ánxeles, San Salvador, Parte de Santa María: inclúe as paradas de transporte de O Mesón e O Rañado, parte de San Martiño das Varelas: inclúe as paradas de transporte de Motouto, Cruce Reboredo e Montoutiño. 

Para máis INFO, as familias teñen o documento completo á súa disposición nesta publicación.

 

Melide, a 28 de febreiro de 2022

 

 

Distribuir contido