Iniciar sesión: Acceso

Escolares

25N: Día Internacional Contra a Violencia de Xénero

No día de hoxe conmemorouse esta data, como todos os anos, con solemnidade e respecto ás persoas que día a día teñen que pasar polo calvario de ser vítimas desta violencia. Durante o acto celebrado neste día poidemos visionar unha curtamentraxe que o alumnado de 6º de Educación Primaria grabou duranto o pasado mes de outubro. Tamén se cantou a canción "Loba" de Rozalén e gardouse un minuto de silencio honrando ás vítimas desta lacra que nos acompaña día a día.

Celebración Samaín/Halloween 2022

 

 

Desde hoxe tedes á vosa disposición nas correspondentes aulas virtuais do centro un vídeo sobre a celebración de Samaín-Halloween no centro, ademais da entrega de premios do concurso de cabazas. Para o alumnado foi emocionante voltar a celebrar de xeito conxunto e sen restriccións un acontecemento. 

http://www.edu.xunta.gal/centros/ceipnumero1melide/aulavirtual/

 

Actividades de Antroido e do Día de Rosalía De Castro 2022

Ao longo da semana pasada, e con motivo da celebración do Antroido e do Día de Rosalía de Castro, no noso centro leváronse a cabo diversas actividades relacionadas con estas datas.

Para celebrar o Día de Rosalía de Castro, moito do noso alumnado animouse a recitar uns versos da poeta de Padrón nas sesións de Micro Aberto que se levaron a cabo nas Horas de Ler.

     

 

     

Tamén, o día 22 de febreiro poidemos asistir á representación de "A viaxe de Rosalía" no Centro Sociocultural Mingos de Pita. Cómpre dicir que lles encantou.

    

Tamén podemos ver o marabilloso traballo dos máis cativos do colexio:

 

E xa, con respecto ao Antroido, ao longo desa semana, e seguindo os mandados do meco, conseguimos elaborar uns fantásticos traxes de Xenerais da Ulla que non tiñan nada que envexar aos que nos viñeron de mostra.

   

 

   

Nas sesións de Plástica tamén se traballou o Antroido de diferentes lugares, neste caso o Boteiros de Vilariño de Conso.

                               

Distribuir contido