Iniciar sesión: Acceso

Inauguración do colexio!!!

 

Ademais da celebración da gala de Nadal, o pasado xoves 21 de decembro inaugurouse o novo Salón de Actos do centro. Por fin, este espazo onde tantas actividades se fan de xeito común, está acondicionado de xeito equiparable ao resto do centro logo da súa reforma integral hai xa dous anos. Cómpre salientar o esforzo, traballo e ganas para sacar adiante tan importante renovación por parte do persoal do centro en diversas tarefas. É a mostra de que traballar en equipo sempre trae bos resultados. Agora tócalle ás nosas crianzas gozar deste espazo e, por suposto, sacarlle todo o partido que se merece.

Recomendacións de Lectura para o Nadal

Como cada ano, aquí vos deixamos a recomendación de lectura que, desde o Equipo de Biblioteca, se fai para que o noso alumnado poida ter onde escoller ao longo deste tempo de lecer.

Para ver o documento, premer AQUÍ.

CULTURA PARA VIAXAR: Panxoliñas

Este mércores, día 20 de decembro, os nenos e nenas de 6º de educación Primaria do noso centro vannos agasallar cunhas panxoliñas polas diferentes prazas da nosa vila. Agradécese calquera aportación, pois todas suman. É unha das diferentes actividades culturais que este alumnado vai facer ao longo do curso para recadar fondos para a viaxe de fin de curso. Baixo o lema "Cultura para viaxar", intentarase aminizar estas datas. 

Felicitación de Nadal 2023

Como cada ano, o persoal docente e non docente do CEIP de Melide Nº1 quere felicitar estas datas á comunidade educativa e encher de bos desexos esta festividade. Gocen dos seres queridos e disfruten.

3 de decembro, Día das Persoas con Discapacidade

Como xa vén a ser costume, o día 3 de decembro celebramos no noso centro o Día das Persoas con Discapacidade. Este ano o lema utilizado foi "Tod@s baixo o memso paraugas" co cal desde o noso centro queremos simbolizar que todos somos iguais independentemente das nosas capacidades e sen limitacións. Para eso, ao longo destes días, desenvólvense actividades dentro do horario escolar sobre esta temática a través do visionado de curtametraxes e actividades de carácter manipulativo.

Ademáis, decoráronse os corredores con paraugas que cada grupo visitara e reflexionará sobre a importancia de conmemorar esta data que avoga por convivir dentro do respecto.

Menú Decembro 2023

Aquí vos deixamos, como de costume, o menú deste mes de nadal.

 

Premer AQUÍ para ver ou descargar o documento.

Formación sobre o TDAH para o profesorado

O pasado luns, 20 de novembro, o profesorado do CEIP de Melide Nº1, do CEIP Plurilingüe de Toques e do CEIP de Arcediago, recibiu unha sesión de formación sobre o TDAH (Trastorno de Déficit de Atención e Hiperactividade). Foi unha experiencia moi enriquecedora para mellorar no noso labor como docentes de cara a afrontar a diversidade no noso alumnado.

Conmemoración 25 Novembro 2023 Ed. Infantil

Ao longo desta semana que se pecha, o alumnado de Educación Infantil conmemorou o 25 de Novembro, o Día Internacional da Eliminación da Violencia contra as Mulleres. Aquí queda unha mostra do moito e ben que traballaron os nosos cativos.

Tamén, o alumnado de 5º de Educación Primaria, xunto co alumnado do mesmo curso nos outros centros da vila, participou nunha actividade de radio escolar nas instalacións de Radio Melide.

 
 
 
 
Por último, e coa participación da totalidade do alumnado do centro, creouse un mural para conmemorar esta data tan importante como necesaria. O alumnado aportou bolboretas e lemas ao longo da sesión de elaboración do mural. Todo amenizado coa música da banda de rock local, Cuarta Xusta. 
 
 

Salón de Xogos, un novo espazo lúdico no centro.

 

Esta semana que remata vimos de finalizar a decoración do espazo lúdico que xa estamos desde principios do presente curso usando de xeito ininterrompido como alternativa ao patio tradicional. Non queremos deixar pasar esta ocasión para agradecer a colaboración da ANPA do centro para ter este fermoso mural a prol da igualdade en todos os espazos do centro.

Menú Comedor Novembro 2023

Menú Comedor Escolar Novembro 2023

 

 

Prema AQUÍ para ver o menú

Distribuir contido