Skip to Content

Circulares

INFORMACIÓN COVID

Publicación da comunicación conxunta das Consellerías de Sanidade e Educación sobre a Xestión de contactos estreitos covid-19 no ámbito educativo:

COMUNICACIÓN

RECOMENDACIÓNS PREVENTIVAS PARA CONTACTOS ESTREITOS

VOLTA ÁS AULAS

Estimadas familias,

Dada a situación de alta transmisibilidade na que nos atopamos cremos que é necesario extremar as precaucións establecidas nos protocolos COVID, insistindo no uso axeitado da máscara, na ventilación cruzada e no establecemento dos grupos burbulla, de acordo ás pautas do protocolo.

Segundo as novas pautas establecidas a nivel nacional, os casos activos deberán seguir un illamento de 7 días máis 3 de vixilancia activa contados desde o inicio de síntomas ou a toma de mostra para proba diagnóstica no caso de asintomáticos.

Os contactos estreitos de 12 ou máis anos coa pauta vacinal completa, seguirán unha vixilancia activa durante 7 días. Os menores de 12 anos, sen pauta vacinal completa, deberán facer unha corentena de 7 días máis 3 de vixilancia activa.

En todo caso os períodos de corentenas e illamentos serán os que Sanidade paute nas súas guías ou protocolos que se irán adaptando á situación cambiante.

Agradecendo o gran esforzo que toda a Comunidade Educativa está a facer para conter a expansión deste virus, recibide un cordial saúdo.

ASPECTOS PRINCIPAIS - VOLTA ÁS AULAS

INFORMACIÓN - INICIO DO CURSO ESCOLAR: 2021/22

Estimadas familias,

Ante todo, queremos darlles a benvida ao novo curso escolar, e transmitirlles a información básica para o comezo do curso.

Segundo as medidas recollidas no “Protocolo de adaptación ao contexto da COVID-19, publicado o 1/09/21”, en liñas xerais, manteranse as mesmas medidas de prevención do curso pasado. Poden consultar nos seguintes enlaces:

Tal e como recolle o protocolo de actuación frente á Covid-19, as reunións e titorías coas familias serán preferiblemente telefónicas ou por videoconferencia, agás que o obxecto das mesmas requirise a presencialidade. Tendo en conta isto, e que as medidas no centro serán similares ás do curso pasado, non se farán reunións grupais de inicio, agás nos cursos:

- 4º DE ED. INFANTIL (inicio no centro). Martes 7/09/21, ás 17:00h, na aula de referencia.

- 1º DE ED. PRIMARIA (cambio de etapa). Martes 7/09/21, ás 18:00h, na aula de referencia.

- 5º de ED. PRIMARIA (inicio E-DIXGAL). Serán citados no mes de setembro.

O comezo das clases será o vindeiro xoves 9 de setembro en horario de 10:00 a 14:00 horas. O alumnado de primaria accederá polo acceso indicado ao curso de 9:55 a 10:00, e o alumnado de infantil ás 10:05.

Para o primeiro día, será suficiente traer un estoxo e unha carpeta no caso do alumnado de primaria. Ese día, facilitaráselles a lista de material e as autorizacións a firmar polas familias para o presente curso escolar.

Recordamos a importancia de manter as medidas de prevención previstas e a puntualidade nas entradas e saídas.

Para calquera consulta, poden chamar aos teléfonos do centro (982870322 / 982870321 / 982870323) ou no correo electrónico (ceip.numero1.foz@edu.xunta.gal).

Desexándolles un bo comezo de curso,

Un saúdo,

O equipo de profesorado.

 

SOLICITUDE PRAZA COMEDOR

Para facer a reserva de praza no comedor escolar para o curso 2021/2022, deberase cubrir o seguinte formulario antes do 8 de xullo:

FORMULARIO - SOLICITUDE PRAZA COMEDOR

FONDO SOLIDARIO DE LIBROS DE TEXTO - CURSO 2021/2022

Publicada a orde do 6 de maio de 2021 para a solicitude de participación no fondo solidario de libros de texto e axudas para adquirir libros de texto e material escolar. (enlace)

DESTINATARIOS:

- Fondo solidario de libros de texto: alumnado matriculado en 3º e 4º de primaria.

- Axudas para adquirir libros de texto: alumnado matriculado en 1º e 2º de primaria.

XORNADA DE PORTAS ABERTAS VIRTUAL

Por mor da pandemia COVID - 19 non podemos realizar a visita de portas abertas no centro. No seguinte enlace podedes facelo virtual.

 

XORNADAS DE PORTAS ABERTAS VIRTUAL

EU COIDO

 

Precioso vídeo editado pola ANPA do centro cos colaboradores do proxecto de igualdade que están a desenvolver e cos nenos que se caracterizaron de coidadoras e coidadores en diferentes campos.

Enlace á páxina web da ANPA.

PASADO PRESENTE E FUTURO DOS COIDADOS

Animamos ao noso alumnado a participar no concurso promovido pola ANPA, enmarcado do proxecto de igualdade no que están a traballar.

O prazo remata o vindeiro 4 de decembro.

TRÍPTICO DO CONCURSO

ACTIVIDADES ORGANIZADAS POLA ANPA

Queremos agradecer á ANPA as actividades que está a desenvolver no centro relacionadas co seu proxecto de igualdade, "Educar en igualdade: eu coido".

Co alumnado de 3º, 4º, 5º e 6º de primaria estanse realizando uns obradoiros adicados á afectividade sexual con Raquel Graña. O obxectivo é o coñecemento individual de cada neno e nena para entenderse e entender aos demáis.

PROCEDEMENTO PARA A DISTRIBUCIÓN DE MÁSCARAS

Publicada a ORDE do 6 de novembro de 2020 pola que se regulan os criterios e o procedemento de distribución de máscaras entre o alumnado matriculado en educación primaria, educación secundaria obrigatoria e educación especial en centros docentes públicos dependentes desta consellería e en centros privados concertados no curso 2020/21 (código de procedemento ED330E).

Non terá que presentar solicitude o alumnado que fose beneficiario da axuda para adquirir material escolar no curso 2020/21.

Alumnado destinatario:

Distribuir contido


by Dr. Radut