Skip to Content

INFORMACIÓN - INICIO DO CURSO ESCOLAR: 2021/22

Estimadas familias,

Ante todo, queremos darlles a benvida ao novo curso escolar, e transmitirlles a información básica para o comezo do curso.

Segundo as medidas recollidas no “Protocolo de adaptación ao contexto da COVID-19, publicado o 1/09/21”, en liñas xerais, manteranse as mesmas medidas de prevención do curso pasado. Poden consultar nos seguintes enlaces:

Tal e como recolle o protocolo de actuación frente á Covid-19, as reunións e titorías coas familias serán preferiblemente telefónicas ou por videoconferencia, agás que o obxecto das mesmas requirise a presencialidade. Tendo en conta isto, e que as medidas no centro serán similares ás do curso pasado, non se farán reunións grupais de inicio, agás nos cursos:

- 4º DE ED. INFANTIL (inicio no centro). Martes 7/09/21, ás 17:00h, na aula de referencia.

- 1º DE ED. PRIMARIA (cambio de etapa). Martes 7/09/21, ás 18:00h, na aula de referencia.

- 5º de ED. PRIMARIA (inicio E-DIXGAL). Serán citados no mes de setembro.

O comezo das clases será o vindeiro xoves 9 de setembro en horario de 10:00 a 14:00 horas. O alumnado de primaria accederá polo acceso indicado ao curso de 9:55 a 10:00, e o alumnado de infantil ás 10:05.

Para o primeiro día, será suficiente traer un estoxo e unha carpeta no caso do alumnado de primaria. Ese día, facilitaráselles a lista de material e as autorizacións a firmar polas familias para o presente curso escolar.

Recordamos a importancia de manter as medidas de prevención previstas e a puntualidade nas entradas e saídas.

Para calquera consulta, poden chamar aos teléfonos do centro (982870322 / 982870321 / 982870323) ou no correo electrónico (ceip.numero1.foz@edu.xunta.gal).

Desexándolles un bo comezo de curso,

Un saúdo,

O equipo de profesorado.

 



page | by Dr. Radut