Skip to Content

Becas e axudas

BECAS NEAE

O prazo de solicitudes de axudas para alumnado de necesidades específicas de apoio educativo para o vindeiro curso escolar, 2024/2025, está aberto dende o pasdo 30 de abril ata o 13 de setembro de 2024.

ENLACE Á CONVOCATORIA E DESCARGA DE IMPRESOS

 

 

SOLICITUDE PARTICIPACIÓN NO FONDO SOLIDARIO E AXUDAS PARA ADQUIRIR LIBROS DE TEXTO E MATERIAL ESCOLAR PARA O CURSO 2023/24

Aberto o prazo para solicitar a participación no fondo solidario de libros de texto e axudas para adquirir libros de texto e material escolar para o curso 2023/2024.

O prazo rematará o 21 de xuño de 2023.

Destinatarios:

- Fondo solidario de libros de texto: alumnado matriculado en 3º e 4º de Educación Primaria.

- Axudas para adquirir libros de texto: alumnado matriculado en 1º e 2º de Educación Primaria.

- Axudas para adquirir material escolar: alumnado matriculado en Educación Primaria.

Forma de presentación:

- A solicitude será única para todos os fillos que estean admitidos no mesmo centro docente para o curso 2023/24.

- Presentación no centro do modelo ED330B  e anexo II.

- Presentación por vía electrónica no formulario normalizado (ED330B e anexo II) dispoñible na aplicación fondo libros, a través da sede electrónica da Xunta de Galicia.

- O formulario da solicitude tamén estará dispoñible no centro educativo e na sede electrónica da Xunta de Galicia.

Beneficiarios:

Poden consultar os requisitos segundo a renda per cápita familiar para a concesión das axudas  no seguinte enlace:

- ORDE do 19 de abril de 2023.

 

Distribuir contido


by Dr. Radut