Skip to Content

Outras actividades

CARREIRA SOLIDARIA

Hoxe, venres 3 de marzo, o noso centro participou na 8ª edición da carreira “La Vuelta al Cole contra la leucemia infantil” promovida pola fundación “Unoentrecienmil.org”.

Trátase dunha carreira solidaria que move a acción de miles de nenos e nenas que corren para conseguir que todos os pequenos enfermos de leucemia podan volver ao cole. Cada participante recibe un dorsal e un diploma, e co seu donativo, apoia á investigación desta enfermidade.

#VueltaAlColeUnoentrecienmil

#unoentrecienmil

ENLACE GALERÍA FOTOGRÁFICA

 

MANDADOS DO MECO

CARTEIS POLO 25N

Estivemos encantados de colaborar coa ANPA do cole na elaboración de diferentes cartaces relacionados co "Día Internacional contra a violencia de xénero".

Dende a ANPA, en colaboración co Concello e coa ACIA de Foz, financiado pola Xunta de Galicia (Secretaría de Igualdade), lanzaron unha campaña de sensibilización para conmemorar o 25N.

A campaña consistíu en que cada nena e neno do noso cole, debuxara un cartel para reivindicar esta data. Os carteis distribuíronse polos establecementos do concello a través da ACIA - CCA de Foz.

Pola súa parte o Concello de Foz fixo un mural cos carteis máis representativos e este poderá verse no acto que terá lugar o 25N ás 19:30 horas na praza do Concello.

Así de bonito quedou o cartaz!

 

XOGOS NO PATIO

Queremos agradecer á ANPA do cole, o agasallo que nos fixo coas pinturas de diferentes xogos no patio do cole. Quedaron fantásticos!!!

VISITA DO XEFE TERRITORIAL DA CONSELLARÍA DO MAR

O pasado xoves dezasete de xuño veu visitarnos Don Pablo Fernández Asensio, Xefe Territorial de Lugo da Consellaría do Mar.

Pasou a facernos unha visita aos nenos e nenas de Educación Infantil e primeiro de Primaria logo de que por motivos alleos á súa vontade tivese que verse suspendida a viaxe que estaba programada ao angar onde ten a base o helicóptero Pesca Dous.

HORTO ESCOLAR

Dende o centro, queremos agradecer á ANPA o traballo que realiza dentro do proxecto "Voz Natura", no que participa dende hai varios anos. Neste curso, agasallaron ao centro cunha morea de plantas para poñer en funcionamento o horto escolar.

Así, o noso alumnado, acompañado das súas mestras, comezou a plantar... en breves teremos unhas verduras, froitas e hortalizas hermosísimas!!

Preparamos este vídeo para ver o inicio do noso horto...

CIENCIA EN 6º DE PRIMARIA

Os nosos rapaces seguen a traballar coa ciencia... fermoso traballo!

 

ENLACE - CIENCIA EN 6º DE PRIMARIA

 

4º MANDADO MECO

3º MANDADO MECO

Distribuir contido


by Dr. Radut