Skip to Content

INFORMACIÓN COVID

Publicación da comunicación conxunta das Consellerías de Sanidade e Educación sobre a Xestión de contactos estreitos covid-19 no ámbito educativo:

COMUNICACIÓN

RECOMENDACIÓNS PREVENTIVAS PARA CONTACTOS ESTREITOS

PLAN DE CONVIVENCIA

Dentro do contexto de traballo do "Contrato Programa: Convive-T" no que participa o centro, en prol dunha mellora da convivencia, elaboramos a seguinte presentación cos puntos máis relevantes recollidos no Plan de Convivencia, incluido nas Normas de Organización e Funcionamento do Centro.

A finalidade é poder achegar dun xeito máis dinámico a toda a comunidade educativa, as normas básicas para xeral un bo clima escolar.

PLAN DE CONVIVENCIA

PROTOCOLO COMEDOR ESCOLAR

Publicamos o protocolo de comedor escolar, presentado no Claustro de profesores o pasado 14/02/2022 e avaliado no Consello Escolar do 15/02/2022.

Revisado no Claustro e Consello Escolar o 30/10/2023.

PROTOCOLO COMEDOR ESCOLAR

ACTUACIÓN ANTE AUTODIAGNÓSTICO POSITIVO EN COVID19

Aquelas persoas que obteñan un resultado positivo nunha proba de antíxenos de autodiagnóstico serán considerados directamente como un caso confirmado. Polo tanto, estas persoas deberán seguir as medidas de illamento. Para poder realizar o seguimento e estudo do caso confirmado, deberá notificarse o positivo a Saúde Pública e ao centro educativo.

Realizado o autodiagnostico na casa con resultado positivo deben cubrir o formulario de DECLARACIÓN RESPONSABLE DE AUTOTEST POSITIVO dispoñible na páxina web do coronavirus (enlace) ou chamar ao 881540045.

 

VOLTA ÁS AULAS

Estimadas familias,

Dada a situación de alta transmisibilidade na que nos atopamos cremos que é necesario extremar as precaucións establecidas nos protocolos COVID, insistindo no uso axeitado da máscara, na ventilación cruzada e no establecemento dos grupos burbulla, de acordo ás pautas do protocolo.

Segundo as novas pautas establecidas a nivel nacional, os casos activos deberán seguir un illamento de 7 días máis 3 de vixilancia activa contados desde o inicio de síntomas ou a toma de mostra para proba diagnóstica no caso de asintomáticos.

Os contactos estreitos de 12 ou máis anos coa pauta vacinal completa, seguirán unha vixilancia activa durante 7 días. Os menores de 12 anos, sen pauta vacinal completa, deberán facer unha corentena de 7 días máis 3 de vixilancia activa.

En todo caso os períodos de corentenas e illamentos serán os que Sanidade paute nas súas guías ou protocolos que se irán adaptando á situación cambiante.

Agradecendo o gran esforzo que toda a Comunidade Educativa está a facer para conter a expansión deste virus, recibide un cordial saúdo.

ASPECTOS PRINCIPAIS - VOLTA ÁS AULAS

CARTEIS POLO 25N

Estivemos encantados de colaborar coa ANPA do cole na elaboración de diferentes cartaces relacionados co "Día Internacional contra a violencia de xénero".

Dende a ANPA, en colaboración co Concello e coa ACIA de Foz, financiado pola Xunta de Galicia (Secretaría de Igualdade), lanzaron unha campaña de sensibilización para conmemorar o 25N.

A campaña consistíu en que cada nena e neno do noso cole, debuxara un cartel para reivindicar esta data. Os carteis distribuíronse polos establecementos do concello a través da ACIA - CCA de Foz.

Pola súa parte o Concello de Foz fixo un mural cos carteis máis representativos e este poderá verse no acto que terá lugar o 25N ás 19:30 horas na praza do Concello.

Así de bonito quedou o cartaz!

 

25N

Compartimos enlace ao blog de biblioteca coa entrada relacionada con esta conmemoración.

ENLACE - 25 DE NOVEMBRO - CONTRA A VIOLENCIA DE XÉNERO

XOGOS NO PATIO

Queremos agradecer á ANPA do cole, o agasallo que nos fixo coas pinturas de diferentes xogos no patio do cole. Quedaron fantásticos!!!

INFORMACIÓN - INICIO DO CURSO ESCOLAR: 2021/22

Estimadas familias,

Ante todo, queremos darlles a benvida ao novo curso escolar, e transmitirlles a información básica para o comezo do curso.

Segundo as medidas recollidas no “Protocolo de adaptación ao contexto da COVID-19, publicado o 1/09/21”, en liñas xerais, manteranse as mesmas medidas de prevención do curso pasado. Poden consultar nos seguintes enlaces:

Tal e como recolle o protocolo de actuación frente á Covid-19, as reunións e titorías coas familias serán preferiblemente telefónicas ou por videoconferencia, agás que o obxecto das mesmas requirise a presencialidade. Tendo en conta isto, e que as medidas no centro serán similares ás do curso pasado, non se farán reunións grupais de inicio, agás nos cursos:

- 4º DE ED. INFANTIL (inicio no centro). Martes 7/09/21, ás 17:00h, na aula de referencia.

- 1º DE ED. PRIMARIA (cambio de etapa). Martes 7/09/21, ás 18:00h, na aula de referencia.

- 5º de ED. PRIMARIA (inicio E-DIXGAL). Serán citados no mes de setembro.

O comezo das clases será o vindeiro xoves 9 de setembro en horario de 10:00 a 14:00 horas. O alumnado de primaria accederá polo acceso indicado ao curso de 9:55 a 10:00, e o alumnado de infantil ás 10:05.

Para o primeiro día, será suficiente traer un estoxo e unha carpeta no caso do alumnado de primaria. Ese día, facilitaráselles a lista de material e as autorizacións a firmar polas familias para o presente curso escolar.

Recordamos a importancia de manter as medidas de prevención previstas e a puntualidade nas entradas e saídas.

Para calquera consulta, poden chamar aos teléfonos do centro (982870322 / 982870321 / 982870323) ou no correo electrónico (ceip.numero1.foz@edu.xunta.gal).

Desexándolles un bo comezo de curso,

Un saúdo,

O equipo de profesorado.

 

PREMIOS "XLII CERTAME - TERRA CHÁ"

Queremos dar a noraboa aos alumnos premiados no "XLII certame - Terra chá", seleccionados dun total de mil trescento vinteoito participantes das catro provincias galegas.

MODALIDADE DE DEBUXO.

  • Tema: "As nosas festas":

- ALEJANDRA FERNÁNDEZ MARTÍN.

- LUCAS BARREIRO RAMOS.

- ZAYD FARADI.

  •  Tema: "As mulleres na ciencia"

- ADRIÁN MASEDA DÍAZ.

- ADRIANA GARCÍA DÍAZ.

- IAGO PENA VILLARES.

Os premios serán entregados o sábado 28 de agosto dentro das actividades do XLII Festival de Pardiñas, ás 7 da tarde no Campo da Feira de Guitiriz, respectando as medidas sanitarias. Toda esa xornada haberá actividades coma música, obradoiros, grafiti, xogos...

Distribuir contido


by Dr. Radut