Skip to Content

XORNADA DE PORTAS ABERTAS

 

RESERVA PRAZA EN CENTRO DE ADSCRICIÓN

Iníciase o procedemento de admisión de alumnado en centros docentes sostidos con fondos públicos para o curso 2024/2025, para o alumnado de 6º de primaria que desexe reservar a praza no centro de adscrición (IES de Foz).

O prazo de presentación de solicitudes abranguerá dende o 15 de xaneiro ao 5 de febreiro de 2024.

As familias poderán cumprimentar as solicitude de reserva de xeito manual empregando o formulario en papel ou a través da aplicación admisionalumnado.

SOLICITUDE

ADMISIONALUMNADO

Esta solicitude deberase presentar no centro educativo de orixe (CEIP Plurilingüe de Foz número 1) ou en calquera dos lugares que establece a Lei 39/2015, do 1 de outubro, do Precedemento Admnistrativo Común, incluída a Sede Electrónica da Xunta de Galicia. Neste caso deberan descargar a solicitude e presentala no centro educativo.

ENCONTRO DEPORTIVO

 o xoves 14 de decembro, o alumnado de sexto de Primaria participou nun encontro deportivo, no Colexio Martínez Otero, xunto cos rapaces de sexto dos outros catro centros escolares do Concello (Fondo Nois, O Cantel, O Pilar e o Martinez Otero) e coa coodinación do Concello. Foi unha xornada divertida e entretida.

ENLACE - GALERÍA FOTOS

INFORMACIÓN COMEDOR - INICIO DE CURSO

- URXENTE: Entregar no centro o modelo de autodeclaración antes do 11 de setembro (enlace).

- Aquelas familias que teñan que abonar o comedor escolar, presentar o modelo correspondente antes do 15 de setembro (enlace).

- Todas as dietas (intolerancias, alerxias...) deben presentar un informe médico actualizado.

- As dietas sen cerdo/carne, deben ser solicitadas por escrito á dirección do centro polos pais ou titores legais do alumnado (enlace).

 

INFORMACIÓN XERAL

 

 

COMEDOR ESCOLAR 23-24

Publicada (3/07/23) a instrucción para o funcionamento do comedor escolar no curso 2023-2024 (enlace).

Os usuarios de comedor deberán:

- Reservar a praza no mesmo antes do 10 de xullo, a través do seguinte formulario: "Reserva praza comedor escolar".

- Entregar no centro o modelo de autodeclaración (enlace), antes do 7 de setembro, poden entregalo presencialmente no centro ou a través do correo electrónico. Para facer uso do comedor será imprescindible ter entregado este modelo na data indicada.

- Comunicar a non asistencia ao comedor escolar na frecuencia solicitada antes das 9:30 horas dese día. Aqueles usuarios que falten en tres ocasións sen comunicalo en tempo serán privados durante 10 días do uso do mesmo.

- Os usuarios que durante o prazo dun mes de xeito continuado non fagan uso do citado servizo coa frecuencia solicitada, causarán automaticamente baixa no servizo, agás causas debidamente xustificadas ante a dirección do centro educativo.

- Calculadora para facilitar ás familias o cálculo do importe das tarifas polo uso do servizo de comedor escolar: enlace.

- Normas de comedor.

 

 

PREMIO - VOLUNTARIADO LECTOR

A nosa biblio está de noraboa! Fomos un dos dez centros seleccionados polo traballo do programa de "Voluntariado de lectura", co que conseguimos unha asignación económica destinada á realización dun obradoiro especializado no curso 23/24, para o alumnado colaborador de biblioteca.

Distribuir contido


by Dr. Radut