AXUDAS COMEDOR ESCOLAR XESTIÓN DIRECTA- COVID -19
Estimadas familiaS do CEIP Nosa Señora das Dores,
Poñémonos en contacto con vós para informarvos de que a Consellería acaba de publicar a convocatoria de axudas para os comedores escolares de xestión directa para paliar a suspensión deste servizo debido ao estado de Alarma. Está dirixida ás familias que durante este curso escolar 2019-2020 pagan 0 euros polo comedor ou 1 euro polo mesmo.
Se queredes solicitar dita axuda podes revisar as instrucións no documento que se engade. Recorda que esta solicitude a podes facer de xeito telemático, a través da echave365, ou ben a través da dirección do centro ceip.nosasenora.dores@edu.xunta.gal indicándonos os seguintes datos:
· Nome do alumno/a:
· Pagamento: gratuidade total ou abono de 1.
· Nome do pai/nai titular da conta bancaria:
· DNI do pai ou nai titular da conta bancaria:
· Número de conta bancaria (incluír código BIC/SWIFT):
Se queredes solicitar a axuda través do centro deberedes indicarnos esta información, como máis tarde o xoves 2 de abril para poder incluir os vosos datos na aplicación de comedores escolares.
Unha aperta,
A Dirección do CEIP Nosa Señora das Dores
Adxunto | Tamaño |
---|---|
Instruccion_AxudaComedor_Coronavirus.pdf | 198.79 KB |
AnuncioG0534-270320-0001_gl.pdf | 582.17 KB |