Ed. física

Sesións do día da Educación Física na casa

Aquí tes dúas sesións de Educación Física, por se non as viches en directo. Espero que as desfrutes!

 

Proxecto Deportivo de Centro (Educación Infantil)

Para contribuir ao Proxecto Deportivo de Centro (Centros Activos e Saudables), o alumnado de Educación Infantil xoga aos birlos durante os períodos de recreo.

Xogade 2019: Bádminton no CPI de Cervantes

Como cada ano, participamos no encontro do Xogade dos centros das comarcas da Montaña. Celebrouse o martes 19 de novembro no CPI de Cervantes (San Román) e a organización correu a cargo de Lucía Lombardía, mestra de Educación Física do propio centro, e de Jose Antonio.

Os nenos e nenas de Pedrafita, Courel, Baralla, Becerreá, Navia, Cervantes e As Nogais xogaron de xeito individual e por parellas durante toda a mañá.

A competición foi todo un éxito! Para rematar, os mestres de cada centro outorgaron un trofeo a cada centro pola súa participación.

Proxecto Deportivo de Centro.

Este ano levamos a cabo o Proxecto Deportivo de Centro (PDC). Un proxecto pertencente ao Plan Proxecta (plan de innovación educativa).

Comezamos coa liga de xogos tradicionais na que todo o alumnado participa en grupos mixtos (idade e curso). No primeiro trimestre xogamos ao "Cero", un xogo de lanzamento de precisión no areeiro do centro.

Tamén neste trimestre, organizamos unha liga de bádminton por parellas, durante os recreos.

Día 3 de decembro: Día das persoas con discapacidade

O pasado día 3 de decembro, conmemoramos todos os cursos o día das persoas con discapacidade dende o área de Educación Física con dúas actividades: o goalball e o xogo de busca "o cego e o lazarillo".

Theme by Danetsoft and Danang Probo Sayekti inspired by Maksimer