Iniciar sesión: Acceso

Día 3 de decembro: Día das persoas con discapacidade

O pasado día 3 de decembro, conmemoramos todos os cursos o día das persoas con discapacidade dende o área de Educación Física con dúas actividades: o goalball e o xogo de busca "o cego e o lazarillo".

O goalball é un xogo propio das persoas con discapacidade visual, no que teñen que intentar conseguir introducir unha pelota con cascabeis na portería contraria. Nós, o non dispoñer de dita pelota, introducimos un xogador guía, que daba instrucións aos xogadores invidentes.

O xogo do "cego e o lazarillo" consiste na busca de obxectos por todo o colexio por parte dunha parella. Un membro vai cós ollos vendados e outro membro fai de guía, pero non pode tocalo.

Unha mostra do goalball nas paraolimpíadas de London 2012.

 

 

As dúas experiencias foron moi positivas e enriquecedoras, favorecendo a empatía.