Skip to Content

INFORMACIÓN

Estimadas familias, coa crise do coronavirus os centros educativos estarán pechados durante as próximas dúas semanas. Habilitamos nestes días correos electrónicos das titoras de Educación Primaria para titorizar ás familias. O correo electrónico da vosa titora foi enviado a cada familia por abalar móvil. Podedes consultarlle a vosa titora as dúbidas que teñades en relación ao traballo programado para estes días sen clase. Ademáis, na nosa páxina web: http://www.edu.xunta.gal/centros/ceipnicolasrio , na sección AULA VIRTUAL, poderedes acceder a máis recursos que iremos actualizando. No caso de Ed. Infantil e especialistas, para facer unha consulta enviar ao correo electrónico do centro: ceip.nicolas.rio@edu.xunta.es. No facebook da nosa biblioteca Carlos Labraña, tamén atoparedes actividades para facer en familia estes días.
As solicitudes do proceso de admisión de alumnos e alumnas de nova incorporación poderán entregarse en secretaría unha vez que que se reinicien as clases, amplíase o prazo.
Un saúdo a todos e todas, e moito ánimo.



page | by Dr. Radut