Skip to Content

Festividades/celebracións

FELICITACIÓN NADAL 2023

NADAL 2023

O PERSOAL DO

CEIP NAZARET

DESÉXAVOS UNHAS

MOI FELICES FESTAS!!!

 

BOAS VACACIÓNS,

VÉMONOS EN XANEIRO!

DÍA DO LIBRO 2023

Este curso celebramos o DÍA DO LIBRO facendo un ROTEIRO LITERARIO pola vila. Nese roteiro coñecemos diferentes autores de Cangas ou que escribiron sobre Cangas.Os distintos puntos do roteiro levábannos a diversos locais do pobo nos que atopabamos fragmentos literarios que nos achegaban a Cangas. (MOITÍSIMAS GRACIAS AOS LOCAIS COLABORADORES: 1.Casa da Xuventude 2.Librería Viláfer 3.Librería A Esmorga 4.Secretos da nena 5.Pizzería Baratto 6.Óptica Marín 7.B travel 8.Pastelería La Fiorentina 9.Clínica dental O Forte.

 

 

O roteiro rematou nos Xardíns do Sinal pero cando nos dispoñiamos a comezar coa actividade "AO AIRE LIBRO" na que os alumnos e alumnas (padriños/as e afillados/as) debían compartir lecturas e merendar xuntos, tivemos que volver para o colexio debido á inoportuna chuvia que caiu nese momento.

Xa no centro continuamos coa actividade a cuberto e completamos unha estupenda xornada para o disfrute de todos!!!

 

   

   

   

  

   

 

DÍA DA BIBLIOTECA 2022

24 DE OUTUBRO

AMBIENTACIÓN RELACIONADA CO PROXECTO DOCUMENTAL DESTE CURSO

"CANGAS"

 

 

ENTROIDO 2022 DESFILE

É TEMPO DE ENTROIDO

SE QUERES VER ESTA REPORTAXE FOTOGRÁFICA

Preme nas ligazóns:

 

                         ENTROIDO                 ENTROIDO 2          ENTROIDO 3

                                   

CONCURSO ENTROIDO 2021

“UN SOMBREIRO REQUETEARTÍSTICO”

                              

Estimadas familias,

             Queremos invitarvos e animarvos a participar neste Gran Concurso,

       co que pretendemos celebrar o Entroido, dentro das múltiples restricións

       que nos impón a máis que coñecida pandemia.

             Trátase de elaborar un sombreiro requeteartístico que podedes

       facer por completo ou ben usar un feito como base, engadíndolle todo

       aquelo ca vosa imaxinación considere oportuno e que estea relacionado

       co tema que estamos a traballar este curso: A Arte. Podédevos inspirar

       polo tanto en obras de pintores, escultores, arquitectos...

             Valorarase especialmente a participación dos nenos e nenas, aínda

       que haxa colaboración de toda a familia.

 

             Haberá 4 premiosUn para E. Infantil, e tres para E. Primaria, un

       por cada ciclo (1º e 2º; 3º e 4º; 5º e 6º).

 

             O alumnado que queira participar deberá presentarse no colexio

coa súa obra o vindeiro xoves 11 de febreiro de 2021.

 

       Graciñas de antemán pola vosa participación, que agardamos con

enorme curiosidade.

 

                                GAÑADORAS COS SEUS AGASALLOS

 

 

DETALLE SOMBREIROS

    

    

Distribuir contido



by Dr. Radut