FONDO SOLIDARIO DE LIBROS DE TEXTO E AXUDAS PARA ADQUIRIR LIBROS DE TEXTO E MATERIAL ESCOLAR 2024 – 2025
Ven de abrirse o prazo para a participación no fondo solidario de libros de texto e se convocan axudas para adquirir libros de texto e material escolar destinadas ao alumnado matriculado en educación primaria, educación secundaria obrigatoria e educación especial en centros docentes sostidos con fondos públicos para o curso escolar 2024 – 2025.
NORMAS XERAIS
- O prazo de presentación de solicitudes será do 21 de maio ao 21 de xuño.
- So se presentará unha única solicitude para todos os fillos e fillas admitidos no mesmo centro para o curso 2024/2025, si se fai en papel e de forma presencial no centro.
PRESENTACIÓN DE SOLICITUDES
- As solicitudes pódense presentar das seguintes formas:
● No centro: recollendo o modelo no centro ou cubrindo a solicitude Anexo I e o Anexo II na Aplicación Fondolibros imprimíndoa xerando así un número de solicitude e presentándoas no propio centro.
Tamén podedes atopar o modelo no pdf adxunto a esta publicación como "Anexo I e Anexo II".