Como no CEIP De Muimenta somos moi festerios, non podíamos deixar pasar unha data como a Entroido sen celebrar! Este ano disfrazámonos de froitas: de fresas os de infantil, de sandías os de primeiro e segundo curso, de laranxas e limóns os de terceiro e cuarto e de piñas os de quinto e sexto. Traballamos moito para que os disfraces quedaran ben bonitos (e creo que o conseguimos). Como todos os anos, comezamos a semana seguindo os mandatos do meco: un mandil, os calcetíns por riba dos pantalóns, a roupa do revés...o xoves, cada un se difrazou do que quixo e comimos as famosas filloas de Tere, qué ricas!!! E o venres, para rematar a semana de festa, lucimos os nosos disfraces dando un paseo ata a praza, alí cantamos a canción "Toma mucha fruta" e volvimos para o cole a ler o testamento do meco e despois queimámolo!
Pasámolo xenial!
Deixaos as fotos para os que non nos puidéstedes acompañar no día da festa!
Álbum: Sen categoría -> ENTROIDO 2019