Skip to Content

ACCESO Á AULA VIRTUAL

DEIXAMOS AS INSTRUCCIÓNS PARA ACCEDER Á AULA VIRTUAL DO CENTRO.

SAÚDOS

 

CELEBRACIÓN SAMAÍN

Prezadas familias:

 

Axiña chegará o Samaín/Halloween deste ano e temos intención de festexalo no centro, dándolle forma a unha idea para a cal desexamos poder contar coa vosa colaboración.

En primeiro lugar, precisariamos que cada nena/o trouxese da casa unha cabaza ou ben un espantallo (scarecrow). No caso de que elixades unha cabaza, o obxectivo é que as/os vosas/os fillas/os a decoren eles mesmos, contando coa vosa axuda puntual. Para isto, podedes facer uso de materiais que teñades pola casa, mesmo de refugallo.

 

No caso de que elixades un espantallo, ben sabedes que a roupa vella e os obxectos inservíbeis acostuman dar bo resultado para a elaboración destes “bonecos” a partir de dous paus, que con frecuencia se colocan no medio das hortas, usando a imaxinación e evitando mercar nada, preferibelmente. Ambas as dúas cousas servirán para adornar a entrada da escola estes días e darlle ambiente.

 

INFORMACIÓN EDIXGAL (5º e 6º de Educación Primaria)

Estimadas familias:

 

Dende a coordinación Edixgal do CEIP de Muimenta queriamos compartir con vós a seguinte información que pode ser de utilidade para os novos integrantes do proxecto Edixgal.

 

Este curso non se entregará o tríptico con información as familias, Na parte posterior dos equipos encontraredes unhas pegatinas cun código QR onde poderán consultar a información.

 

Así mesmo, dende o portal da Xunta sobre Edixgal encontraredes información de utilidade para as familias ( datos do premium, tríptico, etc):

 

DOCUMENTACIÓN IMPORTANTE (PROTOCOLO ADAPTACIÓN COVID)

DECLARACIÓN RESPONSABLE DAS FAMILIAS

(Para entregar no centro educativo ao comezo de curso)

ANEXO I . ENQUISA DE AUTOAVALIACIÓN CLÍNICA DO COVID -  19.

Deberá realizarse cada mañá, antes da chegada ao centro. Diante da aparición de polo menos, un dos síntomas que aparece na enquisa o alumnado non acudirá ao centro educativo, os pais/nais/titores  chamarán ao colexio e solicitarán consulta co seu médico/a ou pediatra

LIBROS EDUCACIÓN INFANTIL CURSO 2020/2021

4º DE EDUCACIÓN INFANTIL ( 3 ANOS)

- O PITIÑO. NIVEL 1. ISBN: 978-84-9972-169-9. EDITORIAL OBRADOIRO SANTILLANA. GALEGO.

 

5º DE EDUCACIÓN INFANTIL ( 4 ANOS) PROFE ALBA

- VINCENT VAN GOGH 3.0. NIVEL 2. ISBN: 978-84-9185-087-8. EDITORIAL: OBRADOIRO SANTILLANA. GALEGO.

 

5º DE EDUCACIÓN INFANTIL ( 4 ANOS) PROFE TERE

- VINCENT VAN GOGH 3.0 NIVEL 2 . ISBN: 978-84-9185-087-8. EDITORIAL: OBRADOIRO SANTILLANA. GALEGO

- OS MEUS NÚMEROS 2 . ISBN: 978-84-9972-290-0. EDITORIAL OBRADOIRO SANTILLANA. GALEGO

- OS MEUS NÚMEROS 3. ISBN: 978-84-9972-291-7. EDITORIAL OBRADOIRO SANTILLANA. GALEGO

 

PERIODO DE ADAPTACIÓN INFANTIL 3 ANOS

Periodo de adaptación nenos e nenas de Infantil 3 anos.

REUNIÓNS INFORMATIVAS PARA AS FAMILIAS

Só poderá asistir unha persoa por alumno/a. Recórdase o uso obrigatorio de máscara e manter a distancia de seguridade.

Horario das reunións:

- 08/09/20 ás 11:00 horas: 5º, 6º de Educación Primaria

- 09/09/20 ás 10:00 horas: 4º de Educación Infantil

- 09/09/20 ás 11:00 horas: 5º de Educación Infantil

- 09/09/20 ás 12:00 horas: 6º de Educación Infantil

- 09/09/20 ás 13:00 horas: 1º, 2º de Educación Primaria

- 09/09/20 ás 11:30 horas: 3º, 4º de Educación Primaria

COMEZO CURSO 2020/2021

DATA DE COMEZO DO CURSO ESCOLAR 2020/2021

Xoves 10 de setembro: 4º, 5º de E. Infantil, 1º, 2º, 3º de E. Primaria

Venres 11 de setembro: 6º de E. Infantil , 4º, 5º, 6º de E. Primaria

Distribuir contido


by Dr. Radut