Skip to Content

Vídeo do entroido

ENTROIDO 2021

Álbum: Sen categoría -> ENTROIDO 2021

GUÍA DE SEGURIDADE NAS REDES SOCIAIS PARA AS FAMILIAS

Prezadas familias:

Con motivo hoxe do DÍA DA INTERNET SEGURA, achegámosvos esta guía desexando esperando que vos sexa de utilidade.

 

As redes sociais fan parte importante das nosas vidas e son, con seguridade, un elemento atractivo e que, ben utilizado, pode contribuír á socialización e o desenvolvemento das habilidades sociais e capacidades das vosas/os fillas/os. Pero, ao mesmo tempo, un uso indebido destas tecnoloxías ou a falta de información e coñecemento sobre o seu funcionamento, pode ser perxudicial para as nenas e os nenos. Por iso, no camiño de que poidades saber algo máis sobre as características, funcionamento, virtudes e posíbeis problemáticas asociadas ás novas tecnoloxías e ás redes sociais, poñemos á vosa disposición esta breve guía para as familias sobre redes sociais, no desexo de que vos poida servir de orientación para que as vosas fillas e fillos poidan aprender e exercer un uso responsábel, tutelado e beneficioso das mesmas, evitando así problemáticas que puidesen chegar a darse doutro xeito.

DÍA DA PAZ

Álbum: Sen categoría -> PAZ 2021

NADAL 2020

Álbum: Sen categoría -> Nadal 2020

FELICITACIÓN NADAL

25N 2020

VEXO, VEXO (STOP Á VIOLENCIA MACHISTA)

O alumnado do Ceip de Muimenta e o IES Santiago Basanta Silva (Vilalba) desenvolveron unha actividade conxunta , dentro das actividades previstas ao fío do 25 de novembro, Día Internacional da eliminación das violencias contra as mulleres.

Dita actividade, deseñada a partir dunha exposición da artista Yoko Ono, combina fotografía, investigación e escrita arredor das diferentes manifestacións do machismo, enfocando o tratamento destes temas segundo os diferentes grupos de idade. 

Medios de comunicación, novas de xornais, series, xoguetes, tarefas domésticas ou a división sexual do traballoson algúns dos contidos que fan parte da iniciativa.

Preténdese, tamén, poñer en contacto o alumnado dos centros da contorna e compartir e intercambiar experiencias educativas que poidan contribuír á erradicación dos comportamentos machistas na comunidade educativa.

Álbum: Sen categoría -> 25N 2020

PROCEDEMENTO DE DISTRIBUCIÓN DE MÁSCARAS ENTRE O ALUMNADO MATRICULADO EN EDUCACIÓN PRIMARIA

Na Orde 6 de Novembro de 2020 aparecen recollidos os criterios para a distribución de máscaras entre o alumnado matriculado en Educación Primaria. 

- Solo se presentará unha solicitude por familia.

- Non teñen que presentar solicitude OS BENEFICIARIOS DE MATERIAL ESCOLAR (vale de 50 euros), xa teñen automáticamente tramitada a solicitude polo que non teñen que presentar ningunha documentación. 

O alumnado que NON TIVO AS AXUDAS  pode presentar a solicitude dende o día 16  ata o 27 de novembro de 2020 no centro educativo pero ten que cumprir as seguintes condicións: 

- Renda igual ou inferior a 6000 euros

- Alumnado matriculado en Educación Especial.

- Alumnado suxeito a tutela ou garda da Xunta de Galicia.

- Alumnado cun grao de discapacidade igual ou superior ao 65%.

HORARIOS NO CASO DE REALIZAR ENSINANZA NON PRESENCIAL

HORARIOS DE 4º A 6º DE EDUCACIÓN PRIMARIA

SAMAÍN 2020

Neste ano tan especial, tamén a celebración do Samaín foi especial. Pasámolo xenial sen olvidar as medidas de seguridade.

Deixamos as fotos e uns vídeos con unha obra de teatro interpretada polos nenos e nenas de 3º e 4º, un baile que aprenderon na clase de inglés e outro da clase de música.

 

Álbum: Sen categoría -> Samaín 2020
Distribuir contido


by Dr. Radut