Skip to Content

25N 2020

VEXO, VEXO (STOP Á VIOLENCIA MACHISTA)

O alumnado do Ceip de Muimenta e o IES Santiago Basanta Silva (Vilalba) desenvolveron unha actividade conxunta , dentro das actividades previstas ao fío do 25 de novembro, Día Internacional da eliminación das violencias contra as mulleres.

Dita actividade, deseñada a partir dunha exposición da artista Yoko Ono, combina fotografía, investigación e escrita arredor das diferentes manifestacións do machismo, enfocando o tratamento destes temas segundo os diferentes grupos de idade. 

Medios de comunicación, novas de xornais, series, xoguetes, tarefas domésticas ou a división sexual do traballoson algúns dos contidos que fan parte da iniciativa.

Preténdese, tamén, poñer en contacto o alumnado dos centros da contorna e compartir e intercambiar experiencias educativas que poidan contribuír á erradicación dos comportamentos machistas na comunidade educativa.

Álbum: Sen categoría -> 25N 2020


album | by Dr. Radut