Skip to Content

Xornada de portas abertas

Queremos que coñezades a nova biblioteca e, por iso, organizamos unha xornada de portas abertas o vindeiro luns día 28 de xuño de 11:00 a 13:30 e de 16:00 a 17:30.

Agardámosvos!!!

Álbum: Sen categoría -> Xornada portas abertas biblioteca

FIN DE CURSO 2021

Outro curso que remata! Desexamos que pasedes moi bo verán! Vémonos en setembro!

Álbum: Sen categoría -> FIN DE CURSO 2021

UN DÍA DE AVENTURA

Deixamos as fotos da excursión de fin de curso do alumnado de 5º e 6º.

Álbum: Sen categoría -> Excursión 5º e 6º 2021

Paco Nogueiras

Que ben o pasamos o día que nos visitou Paco Nogueiras con motivo da celebración do Día Das Letras Galegas!

Álbum: Sen categoría -> Paco Nogueiras

VISITA Á GRANXA GRIXEIRA

Deixamos as fotos da nosa visita á Granxa Grixeira. Pasámolo xenial e aprendemos moito. Moitas grazas Zeltia e Pepe polas vosas explicacións e polo voso tempo! 

Álbum: Sen categoría -> Granxa Grixeira

DÍA DO LIBRO

Este ano conmemoramos o DÍA DO LIBRO cun TROCALIBRO. Cada neno/a do cole trouxo un libro para intercambiar con un compañeiro/a. Debido á situación sanitaria e para respetar tódalas normas, o alumnado trouxo os libros a comezos de semana para poder deixalos en corentena antes de realizar a actividade.

Álbum: Sen categoría -> DÍA DO LIBRO 2021

PASAPORTE LECTOR

Xa temos os nosos Pasaportes Lectores da BiblioTina! Cantos máis libros, contos, cómics...leades, antes descubriredes as sorpresas que nos ten Tina preparadas!

Álbum: Sen categoría -> PASAPORTE LECTOR

HORTO ESCOLAR

Esta semana comezamos os traballos para poñer en marcha o noso HORTO ESCOLAR. Pasámolo xenial construindo os bancales, abonando e facendo os semilleiros de fresas, leituga e tomates cherry.

Álbum: Sen categoría -> HORTO ESCOLAR

MOCHILAS VIAXEIRAS CURSO 2020/2021

A semana pasada comezaron a súa andaina as MOCHILAS VIAXEIRAS. A Ratiña Tina foi a encargada de realizar a entrega!!

Álbum: Sen categoría -> MOCHILAS VIAXEIRAS 20/21

PRAZO DE PRESENTACIÓN DE SOLICITUDES DE ADMISIÓN DE ALUMNADO QUE SE MATRICULA POR 1ª VEZ PARA O CURSO 2021-2022

PRAZO DE PRESENTACIÓN DE SOLICITUDES DE ADMISIÓN PARA O ALUMNADO QUE SE MATRICULA POR 1ª VEZ NO 2º CICLO DE EDUCACIÓN INFANTIL  E EDUCACIÓN PRIMARIA: 

As solicitudes de admisión poderán presentarse a partir do día 1, tanto de xeito telemático na aplicación ‘AdmisionAlumnado’ (https://www.edu.xunta.es/admisionalumnado) como de xeito presencial nos centros escolares que se elixan como primeira opción, prazo que permanecerá aberto ata o 22 de marzo.

A publicación das listas provisionais de persoas admitidas e non admitidas publicaránse antes do 25 de abril, e as definitivas antes do 15 de maio. Posteriormente abrirase o prazo de fomalización de matrícula, que será do 20 ao 30 de xuño para alumnado de Infantil e Primaria.

Distribuir contido


by Dr. Radut