Skip to Content

FONDO LIBROS 2024-2025

FONDO SOLIDARIO DE LIBROS DE TEXTO E AXUDAS PARA ADQUIRIR LIBROS DE TEXTO E MATERIAL ESCOLAR 2024 – 2025

Ven de abrirse o prazo para a participación no fondo solidario de libros de texto e se convocan axudas para adquirir libros de texto e material escolar destinadas ao alumnado matriculado en educación primaria, educación secundaria obrigatoria e educación especial en centros docentes sostidos con fondos públicos para o curso escolar 2024 – 2025.

 

NORMAS XERAIS

- O prazo de presentación de solicitudes será do 21 de maio ao 21 de xuño.

- So se presentará unha única solicitude para todos os fillos e fillas admitidos no mesmo centro para o curso 2024/2025, si se fai en papel e de forma presencial no centro.

 

 

 PRESENTACIÓN DE SOLICITUDES 

- As solicitudes pódense presentar das seguintes formas:

● No centro: recollendo o modelo no centro ou cubrindo a solicitude Anexo I e o Anexo II na Aplicación Fondolibros imprimíndoa xerando así un número de solicitude e presentándoas no propio centro.

Tamén podedes atopar o modelo no pdf adxunto a esta publicación como "Anexo I e Anexo II".

 

● Na Sede Electrónica da Xunta de Galicia a través do seguinte enlace: https://sede.xunta.gal/detalle-procedemento?codtram=ED330B

 

DOCUMENTACIÓN A PRESENTAR

- Anexo I (deberá vir asinada polos dous proxenitores)

- Anexo II . Autorización dos membros da unidade familiar, agás o solicitante. Este anexo debe estar asinado por todos os membros da unidade familiar, agás a persoa solicitante.

- Copia do libro de familia, onde figuren os membros computables da unidade familiar .

- En caso de separación ou divorcio deberase achegar a sentenza xudicial e/ou convenio regulador onde conste a atribución da custodia do/a menor.

- Certificado acreditativo do grao de discapacidade.

- Resolución administrativa ou xudicial acreditativa da situación de acollemento ou certificado do centro de menores para o alumnado en situación de tutela ou garda da Xunta de Galicia.

 

 

PRAZOS

- 17 de xuño: Data límite para a devolución dos libros do curso 2023/2024.

- 21 de xuño: Data límite para a entrega da solicitude e documentación para as axudas dos libros do curso 2024/2025.

AdxuntoTamaño
Carta axudas fondo libros. Curso 2024-2025.pdf382.02 KB
Anexo I e Anexo II.pdf3.49 MB


page | by Dr. Radut