AXUDAS PARA LIBROS DE TEXTO E MATERIAL ESCOLAR PARA O CURSO 2024-2025

  

No DOG do 20 de Maio de 2024 publícase a Orde do 7 de maio de 2024  que regula a participación no fondo solidario de libros de texto e a convocatoria de axudas para a adquisición de libros de texto e material escolar para o curso 2024/2025, destinada ao alumnado matriculado en centros sostidos con fondos públicos.

FONDO SOLIDARIO: cursos 3º e 4º de Ed. Primaria. 

AXUDA ADQUISICIÓN LIBROS DE TEXTO: 1º e 2º de Ed. Primaria ou alumnado con necesidades educativas especiais, con rendas igual ou inferior a 10.000€. Tamén para alumnado de educación especial (EE) e alumnado con discapacidade igual ou superior ao 65% sen límite de renda.

MATERIAL ESCOLAR: alumnado de Ed. Primaria, rendas igual ou inferiores a 10.000€.

 O alumnado de 5º e 6º de EP,  que participan no programa de Educación Dixital (E-DIXGAL) no curso 2024/2025 queda excluído da participación no fondo solidario de libro de texto e das axudas para adquirir libros de texto. Si poderán solicitar a axuda para adquirir material escolar cando reúna os requisitos establecidos na orde.

prazo para presentación da solicitude é ata o 21 de xuño de 2024. A solicitude pódese presentar presencialmente no centro ou accedendo á aplicación Fondolibros, onde cubrirán os datos, gardaranos e obterán un nº de solicitude. Despois poderán imprimir a solicitude e o anexo II e presentalo no centro ou na Sede Electrónica da Xunta de Galicia.  

 Máis información na Secretaría do centro e nos seguintes enlaces:

    - Orde 7 de maio de 2024

    - Anexo I e II    

 

AdxuntoTamaño
orde_7_de_maio.pdf1.3 MB
anexo_1_anexo_2.pdf2.08 MB
apoio_familias_24_25.jpg155.51 KB