APERTURA DO PRAZO DE ADMISIÓN DE COLABORADORES VOLUNTARIOS DO COMEDOR ESCOLAR PARA O CURSO 2022-2023

Anuncio de apertura do prazo de admisión de membros da comunidade educativa do centro CEIP Plurilingüe Mosteiro de Caaveiro, como colaboradores voluntarios nas tarefas de atención e apoio ao alumnado usuario do comedor escolar durante o curso 2022/2023

 

As nais, os pais, os/as titores/as legais e os/as acolledores/as familiares do alumnado deste centro de ensino que desexen, ao longo do curso 2022/2023, colaborar de xeito altruísta nas tarefas de atención e apoio aos escolares usuarios do comedor escolar, poderán apuntarse nas listas de admisión que, habilitadas para este fin, se atopan na Secretaría.

O prazo para presentar solicitudes permanecerá inicialmente aberto ata o día 7 de setembro de 2022, podéndose reabrir un novo prazo, de ser o caso, ata o 22 de decembro de 2022.

Durante o curso escolar 2022/2023 só se contará coa colaboración das persoas que figuren anotadas nestas listas.

*Con carácter excepcional poden colaborar tamén outros familiares dos/as alumnos/as comensais, ex-colaboradores/as deste servizo, persoal relacionado coa comunidade educativa ou persoal que participe en programas de voluntariado social. Esta ampliación manterase mentres dure a aplicación das medidas educativas e sanitarias para paliar os efectos da pandemia.