DÍA DO PEÓN 2021

 

O xoves , 11 de Novembro de 2021, celebrarase unha nova edición do Día do Peón. Esta actividade está convocada (a nivel galego e tamén doutras partes de España) por Brinquedia, a rede galega do xogo tradicional.

Ese día tamén o celebraremos na nosa escola, onde leremos o Manifesto, bailaremos a canción “Fago o camiño”, haberá unha demostración de habilidades que se poden realizar cos peóns e cos bailaretes e … como non, os peóns bailarán e bailarán.