Covid-19

 

Comunicámoslles que se confirmou un novo caso da Covid-19 no noso centro .

Co fin de evitar a transmisión da infección a outras persoas realizouse un estudo dos contactos próximos, cos cales xa contactou o Centro de Seguimento de Contactos indicándolles as pautas que deben seguir nos próximos días.

O resto da comunidade educativa pode seguir acudindo ao centro, extremando as medidas de precaución e vixiando a aparición de síntomas compatibles coa Covid-19.

Poden atopar información sobre as medidas de corentena e illamento na Web de información para cidadanía sobre SARS- CoV-2 do SERGAS3.