Skip to Content

Falagueira

FOMOS NOTICIA: REINAGURACIÓN BIBLIOFORTE.

FOMOS NOTICIA:

 

  • BIBLIOTECAS ESCOLARES 

  • La Voz de Galicia 

 

 

  • EL PROGRESO

 

 

  • EnComún (CRÓNICA DO SUR DE LUGO)

 

 

 

  • ONDA CERO MONFORTE

 

 

  • ANPA COLEXIO NOVO

Inauguración de la nueva Biblioteca del cole.El Ampa estuvo invitada para representar a las mamás y papás del cole

 

 

  • CHELO GUNDÍN REY (Asesora BE 2021-22)

 

 

...

DÍA DAS BIBLIOTECAS: REINAUGURACIÓN DE BIBLIOFORTE, A BIBLIOTECA DO CEIP MONFORTE

 

24 de outubro, Día das biblioteca, data elixida para a reinauguración da nosa biblioteca, Biblioforte.

 

Tras un proceso de remodelación e acondicionamento do recinto, a inclusión de novo mobiliario e novos fondos e a suma das ilusións de toda unha comunidade educativa que colaborou activamente nesta reforma e tamén como non dicilo, soportou os efectos negativos que toda obra de reforma implica: limitacións nos servizos ofertados, traballo de xestión, organización, limpeza, ... redobrado.

Hoxe abrimos unha biblioteca renovada, que acaba de recibir a valoración moi positiva de todas as personalidades asistentes ao acto de inauguración, así como de exprofesores, exalumnos, familiares,  medios de comunicación e as expresións de satisfacción do alumnado asistente ao acto. Desexamos ver a mesma faciana de satisfacción no alumnado que baixe hoxe no recreo.

A espera de facer un vídeo desta xornada festiva achego unhas gravacións e unhas fotografías e así compartir con toda a comunidade educativa a celebración deste evento de reinauguración.

 

 

 

 

 

 

  < Escoita aquí o programa especial realizado na nosa radio Radioforte TV

 

  < Escoita aquí a entrevista de Manuela Porto a nosa directora Teresa.

 

 

Grazas a todos por facer posible esta reinaguración e este evento.

Moitas grazas tamén a todas as personalidades que nos acompañaron nesta día tan importante para nos:

. Dª Judith Fernández, D. Xeral de Ordenación e Innovación Educativa.

. Dª Mª José Gómez, Xefa Territorial de Educación de Lugo.

. Dª María Bóveda, Inspectora do noso centro.

. Dª Teresa González, Xefa de sección.

. Dª Beatriz González, Asesora de BE Lugo

. Dª Chelo Gudín, Asesora de BE Lugo (curso 2021-22).

. Dª Gloria Prada, Tenente de alcalde de Monforte de Lemos.

 Moitas grazas tamén ao profesorado xubilado que estivo con nos nun momento tan importante, entre eles, algunhas compañeiras do equipo de biblioteca.

 

Grazas

 

 

 

Un longo camiño

 

Comeza con ilusión

 

 

 

GRAZAS !

 

 

ESCRIBIR A BIBLIOTECA ESCOLAR

 

 

 Ver coa imaxinación ou volver ver por medio da memoria é o patrimonio da escritura. Ernaux, Annie. El Acontecimiento. 

 

A Consellería de Cultura, Educación, Formación Profesional  e Universidades publica o lema e o cartel para as bibliotecas escolares de Galicia de cara a este curso 2022/2023. O lema elixido, ESCRIBIR A BIBLIOTECA ESCOLAR, quere poñer o foco en todas as formas de escrita que cuida e ofrece a biblioteca escolar . A escrita como medio de comunicación, expresión, creación, información e coñecemento.

 A imaxe que interpreta este lema proposto para o curso 2022-2023 é obra da calígrafa, deseñadora gráfica e mestra de talleres de caligrafía e lettering Belén L. Méndez coñecida como nacu, que leva xa un tempo colaborando coas bibliotecas escolares en  obradoiros.

 A biblioteca escolar ofrece oportunidades e recursos para escribir e escribirnos:

  • Escribir para saber, para aprender.
  • Escribir para comunicar e comunicarnos.
  • Escribir relatos, historias.
  • Escribirnos, coñecernos a través da escrita: diarios, axendas,  biografía...
  • Escribir xuntos en relatos colectivos, encadeados, libros viaxeiros, wikis…
  • Escrita creativa: microrrelatos, haikus, collages, caligrafía…
  • Escribir para deixar pegada e preservar a memoria individual e colectiva.
  • Escribir para incluír e visibilizar.
  • Traducir.
  • Reescribir, versionar e adaptar.
  • Escribir no audiovisual: guións, escaletas.
  • Escribir para  estimular a creación.

 

 

Escribir para ser (lido), para que o lector e a lectora dea vida ao libro, ao escrito.

 

TEXTO: Asesoría de Bibliotecas Escolares de Galicia.

 

BIBLIOFORTE: TRANSICIÓN

 

 Biblioforte, inmersa en pleno proceso de remodelación e ampliación durante o terceiro trimestre agarda reabrir as portas antes de rematar o curso en agradecemento a todas as persoas que dun xeito ou outro contribuíron a facer posible este proxecto e que no próximo curso non están.

 

Vaia esta reportaxe fotográfica en agradecemento a toda a comunidade educativa pola súa comprensión e colaboración; pois, como toda obra, supuxo trastornos e traballo extra.

Grazas!

 

 

 

 

 

 Grazas!

 

Biblio Forte únese a E-ELBE.2

Biblio Forte únese a E-ELBE.2, plataforma de préstamo dixital aberta as bibliotecas escolares integradas no PLAMBE, coa que se procura ampliar as experiencias lectoras da comunidade educativa a través da lectura dixital.

Onte as familias recibiron unha circular na que ademais dos datos necesarios para acceder a esta plataforma se incluía unha guía de manexo.

Boa lectura!

 

A BIBLIOTECA ESCOLAR TEN A PALABRA (2021-2022)

 

  A Consellería de Educación, Universidade e Formación Profesional, para as bibliotecas escolares de Galicia, durante o curso 2021 - 2022, pon  o foco na palabra e na oralidade a través do lema " A Biblioteca Escolar ten a Palabra".

A  BIBLIOTECA  ESCOLAR  TEN  A  PALABRA

Imaxe: Pablo Otero

 

     "Os textos escritos e as producións audiovisuais que ofrece a biblioteca en obras de ficción ou de información axudan o alumnado a medrar donos da linguaxe, a ferramenta que lles abre camiños de pensamento, imaxinación, beleza e coñecemento. Mais tamén, as  bibliotecas escolares son espazos sociais de encontro que promoven e facilitan o uso da palabra a través do diálogo, a reflexión, o debate, a exposición, os recitais, a lectura en voz alta, os clubs de lectura… Estas propostas son oportunidade para que o alumnado "tome a palabra" e avance no dominio da linguaxe e da lingua que lle é propia. 
 
 
     Máis aínda, como instrumentos a favor da equidade, as bibliotecas dos centros educativos deben procurar o acceso igualitario ao coñecemento e uso do léxico que garante unha mellor comprensión lectora, toda vez que os expertos nos falan da diferencia abafante entre o número de palabras que contén o léxico do alumnado de infantil en función dos contextos familiares, diferencia que marca xa as posibilidades de éxito fronte á lectura. 
 
 
    Na súa constante e natural evolución, as bibliotecas escolares acolleron a nova oralidade secundaria, que promove a comunicación a través dos medios. Programas como Radio na Biblio, Biblioteca Creativa e Biblioteca Inclusiva, abriron as portas a unha oralidade máis formal en forma de podcasts, audiolibros, espazos de coloquio e expresión, facilitando recursos e oportunidades para a adquisición de habilidades e competencias comunicativas de amplo espectro, pois en tempos de comunicación dixital fanse imprescindibles estas competencias básicas: unha expresión oral rica e coidada e unha interpretación o máis axustada posible dos textos orais dispoñibles. 
 
 
    A Biblioteca Escolar ten a palabra é tamén unha proposta para a recuperación da tradición oral como unha forma de achegar o alumnado ás raíces da cultura na que medra, facilitándolle así as claves para acceder ao rico patrimonio inmaterial galego que ten dereito a coñecer, gozar e darlle continuidade." 
     

 

LECTURA ONLINE - GALICIA LE

Plataforma de préstamo de obras en formato electrónico das bibliotecas públicas galegas.

Fai CLIC na imaxe para acceder e para rexistrarte.

Poderás ler moitos libros online.

Boa Lectura!!!

 

Lemos Le e Margarita López Otero

Distribuir contido


by Dr. Radut