Skip to Content

ENCONTRO CON ESPERANZA ÁLVAREZ RODRÍGUEZ

 

Un ano máis, como ven sendo habitual, conmemoramos o Día da Muller e da Nena na Ciencia coa finalidade de espertar vocacións científicas entre as máis pequenas, por en valor o traballo das mulleres de ciencia e fomentar a igualdade de xénero e o  empoderamento das mulleres e as nenas.

 Razón pola que propiciamos o coñecemento de mulleres científicas para que sexan imaxe e referencia para nenos e nenas, pero sobre todo, para as nenas.

 

Hoxe, tivemos a sorte de ter con nos, na nosa biblioteca, a unha importante científica que naceu moi preto de Monforte, nunha aldea de Chantada, Esperanza Álvarez Rodríguez, unha científica que traballa e investiga para facer que o noso mundo sexa un lugar mellor para vivir.

 Unha científica que respondeu as múltiples preguntas do alumnado de 4ºA, interesado en saber cando e por que decidiu ser científica, onde estudou, onde traballa, en que consiste o seu traballo, con que descubrimento está máis contenta, a quen beneficia o seu traballo, etc.

 

Tras esta entrevista descubrimos que é unha científica a que lle apaixona o seu traballo, que é a xefa dun equipo interesado en loitar contra a destrución dos solos, o rápido que se destrúe o solo e o lenta que é a súa recuperación, a importancia da economía circular, a importancia de transformar problemas (residuos, refugallo...) en alternativas viables para a conservación do planeta, o significado da palabra edafoloxía, etc.

 

Vaia o noso agradecemento a esta importante científica solidaria e comprometida na loita, desde a ciencia, por un mundo mellor. GRAZAS!

En breve subiremos o abecedario realizado sobre mulleres científicas. Abecedario no que figura Esperanza Álvarez Rodríguez na letra E .

 

 



blog | by Dr. Radut