Skip to Content

Entroido 2020

Un ano máis celebramos moi ledos o entroido, pero este ano, se cabe, un chisquiño máis ledos, pois o noso compadre e comadre obtiveron o 1º premio no concurso organizado polo concello.

Biblioforte, celebra este recoñecemento ao bo facer dos nosos artistas. Parabéns!

Que dous seres fantásticos da nosa cultura popular próxima fosen Compadre ("O Trasno dos bosques") e Comadre ("A Xacia dos ríos"), foi para nós moi satisfactorio e permitiunos traballar moi activamente, nuns casos tomando a iniciativa e noutros colaborando, dúas lendas populares.

A través do Trasno dos bosques e as Xacias, a biblioteca quixo ser ese Vieiro de Cidadanía, lema das bibliotecas escolares do presente curso. Dunha cidadanía coñecedora da súa cultura e implicada na súa conservación cultural e patrimonial, material e inmaterial.

Xunto a tan nobres valores, dende Biblioforte, quixemos fomentar:

-A lectura

-A investigación

 

 

-A creación literaria: Concurso de relatos curtos. Concurso que contou cunha ampla participación.

   Na próxima semana coñeceremos os gañadores. Grazas!

e

- A creación artística: ilustración do noso propio conto “A Xacia Noviña”, a nosa xacia do río Cabe, unha xacia protectora do río; parente próxima da Xacia Luviña.

 

... No cole podedes ver a exposición completa.

Sodes estupendos, sentímonos moi orgullosos de vos!



page | by Dr. Radut