Con motivo da celebración do Xoves de Compadres presentámosvos, o Trasno dos Bosques, un ser mitolóxico e ecoloxista que vive nos bosques da Ribeira Sacra para coidalos e protexelos.
A este trasno, acompáñano á praza de España, numerosos trasnos elaborados polo alumnado nas aulas para encontrarse cos compadres doutros coles e barrios de Monforte.
Ademais, Biblioforte, co propósito de dinamizar a escritura e o coidado e conservación do noso planeta, invita ao alumnado a participar no I Concurso de Microrrelatos: Compadres e Comadres.
Ánimo!