Skip to Content

 

FESTIVAL LETRAS GALEGAS 2024

FESTIVAL LETRAS GALEGAS 2024

Preme na imaxe.

FONDO SOLIDARIO DE LIBROS E AXUDAS PARA O CURSO 24/25

Participación no fondo solidario de libros de texto e axudas para adquirir libros de texto e material escolar. 

 

FONDO SOLIDARIO DE LIBROS DE TEXTO

ALUMNADO MATRICULADO EN 3º E 4º DE EP NO CURSO 24-25.

(5º E 6º son cursos E-dixgal polo que están excluídos deste fondo solidario.) 

AXUDAS PARA ADQUIRIR LIBROS DE TEXTO

Alumnado matriculado en 1º e 2º DE EP no curso 24-25.
AXUDAS PARA ADQUIRIR MATERIAL ESCOLAR.  Todo o alumnado matriculado en Educación Primaria no curso 24-25

 

Para ter dereito a algunha das axudas a renda per cápita familiar debe ser igual ou inferior a 10.000€ (RENDA 2022. Suma das casiñas 435 + 460 dividido entre os membros computables da unidade famiiar, computando por dous os membros da unidade familiar cunha discapacidade igual ou superior ao 33%)

 

DOCUMENTACIÓN IMPRESO ANEXO I e II (dispoñible nesta web, na aplicación Fondolibros e no centro educativo. 
Copia do DNI ou NIE dos membros computables da unidade familiar (só no caso de non autorizar a consulta telemática dos datos)

Copia do libro de familia onde figuren todos os membros computables.

En todo caso, terase en conta a situación persoal e a composición da unidade familiar a 31 de decembro de 2022, agás cando unha sentencia de separación ou divorcio posterior a esta data atribúa a custodia a un dos dous proxenitores e nos casos de violencia de xénero que se aplicará o disposto na súa lexislación específica. 

Nos casos en que non teñan libro de familia ou este non reflicta a situación en 31 de decembro de 2022 poderán acreditar a traves dos seguintes medios;

  • Sentenza xudicial de separación ou divorcio ou, de ser o caso, convenio regularor onde conste a atribución da custodia do/da menor.
  • Certificado ou volante de convivencia.
  • Informe dos servizos sociais ou do órgano equivalente do concello onde resida a familia.
  • Certificado de defunción. 
Certificado do grao de discapacidade, se fose o caso, recoñecido por un órgano que non pertenza á Xunta de Galicia. 

 

PRAZO DE PRESENTACIÓN  ATA O 21 DE XUÑO DE 2024
FORMA DE PRESENTACIÓN
  • Preferiblemente por vía electrónica a través da aplicación Fondolibros.
  • Presencialmente no centro educativo. (de 9:15 a 10 horas ou de 13:30 a 14:15 horas. )

 

Para MÁIS INFORMACIÓN preme en cada un dos seguintes enlaces:

GALE E GALA COAS LETRAS GALEGAS

Gale e Gala presentan as tres actividades centrais do terceiro trimestre en relación coa dinamización do  Galego: Xogos Florais, Letras Galegas e Revista Xeada. O alumnado de sexto, aproveita esta ocasión, para despedirse dos compañeiros e compañeiras do colexio.

O Equipo de Dinamización da Lingua Galega, felicita aos nenos e ás nenas de Sexto de Primaria polo seu labor no equipo de Gale e Gala, do que todo o grupo formou parte. Bo traballo!!

Premer na imaxe para ver a información tan interesante que nos trae este grupiño.

 

AXUDAS PARA ALUMNADO CON NECESIDADES ESPECÍFICAS DE APOIO EDUCATIVO

A partires do 30 de abril e ata o 13 de setembro de 2024 estará aberto o prazo de presentación de solicitudes das Becas e Axudas para Alumnado con Necesidades Específicas de Apoio Educativo correspondentes ao curso 2024- 2025.

Podedes consultar o anuncio no seguinte enlace: AXUDAS NEAE CURSO 24-25

 

8 DE MARZO

DÍA DA MULLER

8 DE MARZO

Preme na imaxe para ver o video coas actividades do alumnado. 

 

 

ADMISIÓN ALUMNADO 24-25

Rematado xa o proceso ordinario de admisión, comunicamos ás familias que TODAS as solicitudes presentadas neste prazo FORON ADMITIDAS no noso centro.

Asi como nos sexa posible xerar as listaxes provisionais volo comunicaremos e serán publicadas UNICAMENTE no taboleiro interior do centro, atendendo á lei de protección de datos. Tamén poderedes consultalas través da aplicación admisionalumnado empregando a Chave365 ou certificado dixital.

O prazo para a FORMALIZACIÓN DE MATRÍCULA, será do 20 ao 30 de xuño, para o cal teredes toda a documentación precisa na nosa web.

Para calquera outra aclaración ou dúbida podedes contactar co centro vía telefónica ou por correo electrónico.

A VIDA EN VERSO - ROSALÍA E POESÍA

 

 Con motivo do Día de Rosalía, o 23 de febreiro e do Día da Poesía, o 21 de marzo, no colexio realizamos diversas actividades relacionadas cos versos ao longo destes dous meses. 

 Rosalía e poesía van sempre da man.

Premer na imaxe para poder ver un resumo das actividades realizadas.

 

OS CHOQUEIROS DE A CORUÑA

 

  O alumnado de Sexto realizou unha presentación para todo o alumnado de Primaria, sobre Os Choqueiros de A Coruña, do barrio de Monte Alto. Ao remate da presentación, leron uns Apropósitos, unhas coplas satíricas adaptadas á nosa realidade do colexio.

Premer na imaxe para ver esta presentación.

 

ESCOLA DE NAIS E PAIS

 

CHARLA CANCELADA

 

O vindeiro mércores 6 de marzo ás 17:00 horas terá lugar a segunda sesión da escola de nais e pais: A EDUCACIÓN SEXUAL DENDE A CASA.

Distribuir contido


        

 

 

 

 

 

 

by Dr. Radut