Skip to Content

 

XORNADAS DE PORTAS ABERTAS


 

Cita previa: 886110356/58

 

PRAZO DE SOLICITUDES DE MATRÍCULA: DO 1 AO 20 DE MARZO. 

 

RESERVA PRAZA IES DE MOS

Estimadas familias:

Dende onte e ata o 5 de febreiro, estará aberto o prazo para a reserva de praza para o alumnado que continúe estudos no IES de Mos (o noso centro adscrito).

Dita reserva podedes realizala dos seguintes xeitos:

  • 1.   De xeito manual, empregando o formulario en papel (ED550A). O teredes dispoñible na nosa web e tamén será entregado ao alumnado.
  • 2.   A través da aplicación ADMISIÓNALUMNADO no menú SOLICITUDES>RESERVA>CREAR para o que se precisará de CHAVE365 ou certificado dixital, sendo esta a canle preferible de presentación. No caso de elixir esta medio, poderes descargar a solicitude, imprimila e presentala no centro ou ben asinala na sede electrónica.

Para calquera aclaración non dubidedes en contactar con nós. 

NADAL 2023 E BADALADAS FIN DE ANO

O último día de clase, antes das vacacións de nadal, tivemos unhas actividades cheas de emocións. Recibimos os Reis Magos e entregamos a cartas colaborativas das aulas. Despois festa de fin de ano, presentada polos alumnos de 6º de primaria. Escoitamos con moita atención, os cuartos, as badaladas e cos gusanitos listos para que chegue o 2024. Preme na imaxe para ver o video.

CANTAMOS PANXOLIÑAS

O último día de clase deste ano, para despedirnos de compañeiros e compañeiras e desexar un Bo Nadal, cantamos "panxoliñas", ao noso xeito. Foi a primeira actividade desa xornada, unha maneira divertida de ir quentando motores para o que nos agardaba despois: Visita dos Reis Magos e Badaladas.

Os nenos e as nenas, foron quen de facer súas as cancións, desfrutar cantando e bailando e dar un toque moi persoal a todas elas, como dirían os famosos "couches da tele". 

Aproveitamos estes cantos de Nadal para despedir este ano e desexar a todos e todas un 

FELIZ ANO 2024 !! 

 

* Premer na imaxe para ver parte das nosas cantigas de Nadal.

 

FELICITACIÓN DE NADAL PARA AS FAMILIAS

Alí onde hai nenos e nenas, sempre hai maxia e ilusión. Nós queremos felicitar ás familias con este pequeno vídeo, para que os sorrisos que aparecen nos contaxie a todos e a todas.

Agradecemos ás familias, os adornos de Nadal tan orixinais, feitos na casa con material de refugallo, cos que contribuíron á decoración do colexio.

Agradecemos á ANPA a súa colaboración nesta ocasión tan especial; poñéndose en contacto coas Súas Maxestades, Os Reis Magos e paxes; facendo posible que un Nadal máis se achegaran ata o noso centro. Grazas a todos eles e a todas elas, a maxia segue presente.

* Premer na imaxe para ver o vídeo 

Feliz Nadal a todos e a todas!!


GALA E GALE ANUNCIAN O NADAL

Gale e Gala, anuncian a última festa deste ano no colexio e desexan unas Felices Festas de Nadal a todos e a todas.

Premer na imaxe para ver o vídeo.

 

PROGRAMA ESPECIAL 25N-5ºB

O alumnado de 5ºB preparounos este estupendo programa para o 25N que de seguro nos levará a facer unha boa reflexión sobre esta conmemoración.

Esperamos que vos guste e o escoitedes tomando boa nota de todo o que nel nos contan.

Premede na imaxe para escoitar.

 

MAGOSTO 2023

Tal e como anunciamos, este  Magosto 2023, foi  especial!! 

Por suposto non faltaron as castañas asadas, por algo son as raíñas da festa! Tampouco o chocolate quentiño, como xa vén sendo tradición no noso cole. Todo, coma sempre, grazas á colaboración da nosa ANPA.

Acompañaronnos na celebración as familias e como convidadas especiais as mulleres usuarias do Centro das Excravas da Virxe Dolorosa.

Pero ademais, este ano, celebramos por primeira vez un Magosto de Convivencia, no que compañeiros e compañeiras de diferentes niveis, xuntáronse en grupos capitaneados polo alumnado de 6º, para realizar diversos obradoiros relacionados con esta festa: O MAGOSTO.

O único que non nos acompañou foi o tempo, que non nos permitiu realizar, como tiñamos previsto,  os xogos tradicionais  coas familias. Unha mágoa!

Pero a choiva non impediu que  desfrutaramos, XUNT@S,  deste Magosto 2023!!

CABACIÑA, A PEQUENA CABAZA

Con motivo do Samaín, festa na que a cabaza é a protagonista, nas clases levouse a cabo unha actividade de expresión creativa. Había que continuar e rematar o conto de Cabaciña.

Cabaciña era unha cabaza moi pequeniña, tan pequena, que na colleita ninguén se decatou que estaba na horta. O día da festa de Samaín estaba preocupada porque non tiña con quen ir, ata que de súpeto...

Dentro de pouco, subirase un programa de radio onde se poderán escoitar os diferentes finais dos contos, pero de momento, premer na imaxe para ver a cada grupo de clase co traballo que realizou.

 

Distribuir contido


        

 

 

 

 

 

 

by Dr. Radut