Skip to Content

    

   

MAGOSTO 2021.

                                                       

 Canto desfrutamos da xornada do magosto!!!

 En primeiro lugar, cos xogos:

A ra comecastañas.              Lanzacastañas.

A pescar castañas.               Carrilanas de castañas.

A castaña quente.                Birlos de castañas.

Castañeando siluetas.          Ping pong castaña.                                            

Castaña que te pilla o porco.

E seguidamente comendo as castañas asadas que desprendían un cheiro que alimentaba.

Premendo na castaña, poderedes ver o video resumo da xornada.

                                                              

  

ACHEGÁNDONOS Á ARTE DA CETRERÍA.

O alumnado de primaria desfrutou dunha charla sobre cetrería o pasado xoves, 4 de novembro. A actividade foi organizada pola Sociedade Galega de Cetrería;  e impartida por María Currás e José Guizán Trastoy, membros do Tecor Terra Cha.

As aves da nosa contorna, o significado da cetrería, os coidados das aves de rapiña, para que serven as pihuelas, as caperuzas... ou como as novas tecnoloxías (telemetría) melloran os sistemas de rastrexo do voo destes animais; foron algúns dos temas a tratar.

Ademais de aprender, puidemos desfrutar da compañía de Turca (unha águia de Harris)  e de Jimena (un falcón) e observar en directo, as súas reaccións ante distintos estímulos.

Moitas grazas aos catro pola visita!!

TEMPO DE SAMAÍN.

Na semana do 25 ao 29 de outubro desfrutamos dun ambiente propio destas datas: cabazas, morcegos, bruxas, pantasmas, arañas... e palabras. Porque no noso cole  "O Samaín ten a palabra". E precisamente, este é o título elixido polo alumnado colaborador da Biblioteca Escolar para elaborar o mural de benvida aos festexos que, segundo os celtas, poñían fin á época de verán e indicaban o inicio do inverno.

Durante esta semana o alumnado foi creando ambiente nas distintas estancias do colexio, cos seus debuxos e coas cabazas que foron elaborando coas súas familias. Atopamolas de todos os estilos: cabazas graciosas, espeluznantes,orixinais, de animais, de personaxes de ciencia ficción... 

Ademáis, en cada aula elaborouse un "Monstro Disparatado" partindo dunha figura tan simple como un círculo e creando, a partir do mesmo un monstruiño ao que cada quen lle foi engadindo os detalles que considerou. O resultado foi un conxunto monstruoso moi diverso e vistoso.

                                      

DÍA INTERNACIONAL DAS BIBLIOTECAS.

Desde o ano 1997, cada 24 de outubro, A Asociación Española de Amigos do Libro Infantil e Xuvenil promove a celebración do Día da Biblioteca; en recordo da destrución da Biblioteca de Saraxevo, incendiada no ano 1992 durante o conflito balcánico. Son moitas as actividades que se levan a cabo en todo o mundo por este motivo e, no Ceip Poeta Avelino Díaz, este ano conmemorámolo asistindo a dous espectáculos organizados pola Biblioteca Pública Municipal de Meira e que tiveron lugar na Casa da Cultura.

O xoves, día 21, foi a quenda do alumnado de Educación Infantil, 1º e 2º de Primaria; que desfrutaron cos títeres de Marionetas Trécola e a súa obra "Contos da Lúa". Alí descubriron que a Lúa asoma a súa cara pola fiestra mentras durmimos e desfruta dos nosos soños, cos que despois inventa as súas propias historias.

                

... E o venres, día 22, tocoulles aos alumnos e alumnas de 3º,4º,5º e 6º de primaria. Nesta ocasión foi a contacontos Marta Ortiz, a que fixo as delicias do público asistente cos seus relatos, baixo o título "Coser e contar". Contos de costureiras, de mouras, gatos brancos e negros e grises, fíos soltos que enlazan coa seguinte historia... Simplemente xenial!!!

 

CARREIRA SOLIDARIA "LA VUELTA AL COLE"

O pasado venres, día 22 de outubro tivo lugar a carreira solidaria "La vuelta al cole"; unha iniciativa da fundación unoentrecienmil.org

O profesorado e alumnado participantes correron cun único obxectivo: contribuir á financiación de proxectos de investigación a favor da curación da leucemia infantil.

Ao finalizar a carreira tod@s  @s participantes recibiron cadanseu diploma de agradecemento.

 

(Pinchando na imaxe, podedes ver as fotos da carreira)

ENTREGA DE PREMIOS: CONCURSO "UN SELLO PARA LUGO"

A Federación Española de Sociedades Filatélicas a través da súa Comisión  de Xuventude, co patrocinio da Sociedade Estatal de Correos e Telégrafos, dentro das actividades da 59 Exposición Nacional de Filatelia EXFILNA 2021, que se celebrou en Lugo do 21 ao 24 de outubro; convocou un concurso escolar de debuxo baixo o lema "Un sello para Lugo".

Neste concurso participaron varios alumnos e alumnas do noso centro; quedando como finalista Alba Murado Folgueira.

Ademais de ver o seu debuxo convertido nun selo de curso legal, tarifa A (nacional ata 20 gramos), Alba recibiu o seu agasallo nun acto oficial que tivo lugar o sábado 23 de outubro no Salón de Actos da Deputación de Lugo.

Parabéns, Alba!!!

 

PLAN DE CONTINXENCIA E PLAN DE ADAPTACIÓN COVID-19 (CURSO 2021-2022)

No bloque Covid-19 (marxe dereita desta páxina) achégase o Plan de adaptación ao Protocolo Covid-19 e o Plan de Continxencia; relativos ás medidas hixiénico-sanitarias que rexirán durante o curso 2021-2022.

EXPOSICIÓN "EL MUNDO DE LOS SELLOS"

Durante os días 5, 6 e 7 de outubro puidemos disfrutar da exposición "El mundo de los sellos", coa instalación de vitrinas explicativas do que é un selo, a súa función, o mundo do coleccionismo; así como charlas e actividades a cargo do monitor Juan Carlos, enfocadas á redacción e formato da carta tradicional e ao mundo do coleccionismo.

Dita actividade correu a cargo da Federación Española de Sociedades Filatélicas (FESOFI) e da Sociedade Filatélica Lucense; con motivo da Exposición Filatélica Nacional (EXFILNA) que se celebrará en Lugo do 21 ao 24 deste mes.

Na galeria de imaxes podedes ver as fotos do que deu de si esta actividade.

Ademais, estas dúas fotos (tomadas pola nosa conserxe Mandi) e enviadas desde o colexio; foron seleccionadas para converterse en selos de curso legal.

EXPOSICIÓN "EL MUNDO DE LOS SELLOS"

MURAL DE BENVIDA AO CURSO 21/22

Con este mural, elaborado por todo o alumnado do centro, damos a benvida ao curso 21/22. Un curso no que as palabras máis significativas para cada un, nos guiarán. Porque... Nós temos a palabra!!!

LIBROS DE TEXTO PARA O CURSO 2021/2022

 

                                                              Preme na imaxe para acceder ao documento.

Distribuir contido


by Dr. Radut