Skip to Content

    

   

Voz Natura

O horto escolar do CEIP Plurilingüe Poeta Avelino Díaz xa está en marcha no marco do proxecto Voz Natura.

Dende o mes de abril, as alumnas e alumnos dos diferentes cursos xa comezaron a traballar planificando as plantacións das súas parcelas. Así, entenderon o laborioso proceso que implica a agricultura, labrando a terra, sementando, regando, ..., e todo o que nos queda por diante.

         


Alén do comentado anteriormente,  o alumnado de 5º curso de Educación Infantil desenvolveu un estudo das árbores do patio do noso centro. O resultado final do seu traballo foi a creación dun Herbario.

       


O alumnado de 2º curso de Educación Primaria despregou diferentes propostas mesturando, por exemplo, arte e natureza a través da súa actividade ‘Pintando con pinceis naturais’.

       

flora na poesía de Avelino Díaz da man do seu poema titulado ‘As xestas’ foi outra das iniciativas que serviu de medio para que o alumnado nos deleitase coa súa creatividade. Unha proposta realmente interesante que a todas e todos nos gustaría probar!

    

Premendo sobre o vídeo, podedes ver o 'Herbario poético' que confeccionaron as alumnas e alumnos de 2º curso de EP coa axuda das súas mestras e das súas familias. 

Tomando como centro de interese o mencionado poema de Avelino Díaz, durante o mes de maio as alumnas e alumnos de 2º curso de EP elaboraron o seu particular 'Maio' empregando toxos, xestas e fieitos.

    2o__3.jpeg  2o_4.jpeg

En último lugar, as alumnas e alumnos de 2º curso de EP achégannos o seu vídeo titulado 'Traballando no horto'.

     


No 4º curso de Educación Primaria optaron por centrarse nas plantas aromáticas como melisa, lavanda, tomiño, ourego, menta, etc. Dende aquí case podemos cheirar o recendo das plantacións das alumnas e alumnos de 4º curso de EP.     

       


Logo, tamén cabe mencionar que o alumnado de 2º e 6º curso de Educación Primaria, como podemos descubrir na GALERÍA FOTOGRÁFICA, se dedicaron a traballar a parte matemática do horto. Practicaron a medida, estimación, cálculo de áreas, volumes, etc., adaptado iso si, aos diferentes niveis e ritmos de traballo.

       

Aquí se achega unha mostra dos planos (en diferentes escalas) elaborados polo alumnado de 6º curso de Educación Primaria.

      

      

      

      


Na liña do traballo proposto dende a Biblioteca Escolar neste terceiro trimestre, é dicir, no desenvolvemento das competencias ALFIN-AMI ligadas á 'Educación Saudable', o alumnado de 6º curso de Educación Primaria deseñou un 'libro de lapelas' para amosar o funcionamento do composteiro que temos no horto. Así, achegáronse propostas para a súa reubicación, listas de materiais a evitar e engadir, como corrixir problemas que poidan xurdir, etc.

                  



page | by Dr. Radut