Skip to Content

    

   

LIBROS DE TEXTO. CURSO 2022-2023.

Publícase a relación de libros de texto para o curso 2022-2023.

 

                                   

SOLICITUDE DE ADMISIÓN NO COMEDOR ESCOLAR. CURSO 2022-2023.

Adxúntase o documento de solicitude de admisión no comedor escolar, para o curso 2022-23. 

Para acceder, premer na imaxe.

 

                                               

SOLICITUDE PARA FORMAR PARTE DO PERSOAL COLABORADOR NO COMEDOR ESCOLAR. CURSO 2022/23.

Premendo na imaxe, pódese acceder á solicitude para formar parte do persoal colaborador no comedor escolar; ao longo do curso 2022-2023.

 

                                      

MATRÍCULA CURSO 2022/2023

Informamos dos plazos do periodo de matriculación do novo alumnado para o curso 2022-2023.

 

  • Educación Infantil e Educación Primaria do 20 ao 30 de xuño.

 

Dende as citadas datas terán a sua disposición no centro o documento de formalización de matricula Anexo III-1 así coma o resto de impresos e listado de documentación requerida.

DOCUMENTO DE FORMALIZACIÓN DE MATRÍCULA (PARA DESCARGAR)

REMATAMOS O CURSO!!!

Coas últimas actividades de hoxe, poñemos o punto final a un novo curso.

Un curso no que felicitamos a toda a comunidade educativa polo seu traballo cooperativo, aunando os distintos sectores que a compoñen e facendo máis fácil o día a día.

Mil grazas e... feliz verán!!Sorriso

 

                                              

 

EXPERIENCIAS FÓRA DA AULA (3º TRIMESTRE)

Neste 3º trimestre todo o alumnado do noso cole se animou a vivir aventuras fóra da aula, tal vez pola chegada do bo tempo ou tamén polo inminente remate do curso escolar. 

Sexa dun xeito ou doutro, o importante é que gozaron de momentos compartidos; para algúns por primeira vez, e para outros como despedida da súa etapa na educación primaria.

Comezaba o alumnado de 5º de primaria o ciclo de saídas; facendo unha visita ao Museo Fortaleza de San Paio de Narla (Friol). Deste xeito retrocedían centos de anos ata situarse nos séculos XVI-XVII-XVIII e nas formas de vida daquela época. Entre outras cousas, coñeceron de preto as cortes, a bodega, útiles de traballo agrícola, obxectos de equitación, ferramentas para o tecido da la e do liño; así como obxectos artísticos, mobiliario doméstico e unha lareira renacentista.

Continuaban os máis pequenos do cole; os alumnos e alumnas de infantil, 1º e 2º de primaria; que puxeron rumbo a Marcelle Natureza. Alí pasaron unha xornada en contacto con diversos animais, con xogos ao aire libre, con comida campestre, coa impagable compañía das súas profes e compañeiros e compañeiras; e como non, cunha viaxe de ida e volta do máis animada!!!

Xa entrado o mes de xuño eran os nenos e nenas de 3º e 4º de primaria os que abandonaban a rutina diaria para facer unha visita á Casa do Queixo-Granxa Grixalba. De novo o contacto coa natureza e o aire libre foron o escenario idóneo para desenvolver os obradoiros: proceso da la de ovella, transformación do leite en queixo, traballo con froitas e verduras e taller artístico de cores e olores.

E como non podía ser doutra maneira, a derradeira saída deste curso protagonizárona os rapaces e rapazas de 6º de primaria; que pasaron unha xornada de aventura por todo o alto no Roq Park de Viveiro: pontes colgantes, tirolina, comida no Monte San Roque e cars. Un día esgotador e perfecto ao mesmo tempo, para poñer o punto final á estancia no colexio.

 

                                  

OBRADOIRO DE NUTRICIÓN.

A ANPA do noso centro, quixo que o alumnado (e profesorado) rematara este curso sabendo comer un pouco mellor; ou cando menos, sabendo o que comemos. Por iso nos agasallou cun obradoiro a cargo de Tamara (Mita Salud) que nos axudou a descubrir que se agocha na lista de ingredientes dos alimentos.

A charla-obradoiro baseouse en descubrir a presenza de azúcares engadidos en alimentos que consumimos de xeito habitual, en saber como se chaman os distintos azúcares e en seleccionar os alimentos que debemos consumir a diario, semanalmente ou acasionalmente.

Desde logo, marchamos con novas aprendizaxes que nos axudarán a gozar da alimentación dun xeito máis saudable.  

                                    

ENTREGA DE PREMIOS: V CERTAME DE DEBUXO E POESÍA "AVELINO DÍAZ"

Como vén sendo habitual, un ano máis participamos no V Certame de Debuxo e Poesía "Avelino Díaz"; organizado pola Asociación Cultural que leva o seu nome. 

E como tamén vén sendo habitual, o noso alumnado segue colleitando premios. 

Aquí vos deixamos o momento da entrega dos mesmos, que tivo lugar o sábado día 11 no Concello de Meira.

Parabéns a todos os participantes, e en especial aos nosos gañadores e gañadoras desta edición.

OBRADOIRO DE ILUSTRACIÓN CON PABLO OTERO.

O alumnado de 3º e 5º de primaria, compartíu un obradoiro de ilustración con Pablo Otero; autor do cartel das bibliotecas escolares deste curso. A actividade desenvolveuse dentro do programa Lectura e familias, e non puido ser máis proveitoso. Empregando a imaxinación e facendo acopio da súa creatividade, os nenos e nenas elaboraron uns "libros" do máis orixinais, baixo a atenta mirada de Pablo.

Non deixedes de visitar a galería para comprobalo.

                                                    

ORQUESTRA CÉ PANTASMA.

Esta semana desfrutamos da música e do baile coa Orquestra Cé Pantasma; grazas á organización da actividade por parte do Equipo de Dinamización da Lingua do noso centro.

Baixo este nome agóchase César Freiria; músico autodidacta e apaixoado dos instrumentos e de variados estilos de música tradicional; que formou parte hai uns anos do grupo A Roda. Dende o ano 2008 este home orquestra e o seu proxecto musical percorren a xeografía galega con multitude de concertos. Encantados estamos de poder gozar de semellante espectáculo; e... con gañas xa de repetir!!!

Premede na imaxe para ver o que deu de si a xornada.

Distribuir contido