Skip to Content

    

   

EXPOSICIÓN: "O MIÑO, CANLE DE LUZ E NÉBOA"

Do 25 de marzo ao 1 de abril, gozamos no noso centro da exposición itinerante "O Miño, canle de luz e néboa"; cedida polo Museo Manuel María. Coa mesma descubrimos, non só un poeta; senón a importancia do río Miño na súa poesía e tamén noutros ámbitos da vida e da economía do noso país. Aspectos como o aproveitamento hidroeléctrico, a flora, a fauna, as lendas... serviron para completar contidos de diversas áreas curriculares.

Ademáis decatámonos da amizade que unía a Manuel María co poeta meirego Avelino Díaz; a través dunhas dedicatorias que Avelino deixou plasmadas nos libros que, desde Bos Aires, lle enviou ao seu amigo e poeta chairego.

Aquí as deixamos como testemuña.

                                

 

Fotos da exposición.

Caderno de actividades elaborado para o 2º ciclo de educación primaria.

XINCANA POLA IGUALDADE.

 O 30 de marzo pechamos as actividades do mes, celebrando unha xincana de xogos a cargo de DINAMO (empresa de xestión de actividades socioculturais). A actividade estivo dirixida a todo o alumnado do centro.

Para os nenos e nenas de educación infantil, 1º e 2º de educación primaria; as actividades incluían a narración do conto "Daniela Pirata" e a superación de diversos retos en equipo: xogos de rapidez, pesca de botellas con mensaxes, percorrido con obstáculos, xogo de mímica... todo isto encamiñado a concienciar aos máis cativos e cativas da importancia da igualdade e da coeducación.

Para o alumnado de 3º a 6º de educación primaria, leváronse a cabo catro actividades por equipos (mulleres na historia, rompendo estereotipos, copia e pega, time's up); co obxectivo de sensibilizar en igualdade e previr as violencias machistas.

                                                                                                 

                                                     

 

DÍA INTERNACIONAL DA ÁRBORE.

Hoxe, 21 de marzo, conmemoramos o Día Internacional da Árbore. 

Para tal ocasión contamos cun invitado de luxo; Carlos Veiga, o presidente da Sociedade SOFOR Monte de Candedo. Da súa man coñecemos que esta asociación leva a cabo unha tarefa de explotación e aproveitamento de terreos forestais, mediante unha xestión sustentable e viable dos mesmos. Dita asociación conta cuns 100 socios e con 300 hectáreas de terreo, destinadas á produción de diversas clases de madeira.

Carlos chegou acompañado dun exemplar de acivro, cedido por SOFOR, que el mesmo plantou e ao que nos comprometemos a coidar e regar cando o precise.

Posteriormente, buscamos un nome para a nosa nova árbore; que non é outra que ESTRELA.

O nome foi o resultante dun sorteo realizado entre todos os nomes aportados polos nosos alumnos e alumnas. A autora do mesmo foi Sofía, de 6º de educación infantil.

                              

  

DÍA INTERNACIONAL DA MULLER

O Día Internacional da Muller deste ano, estivo dedicado ás SUPERAVOAS; esas mulleres que teñen unha especie de "superpoderes" que moitas veces nos temos preguntado de onde os sacarán...

O mural elaborado polo alumnado coas fotos das súas avoas, xa forma parte do baúl dos recordos do noso centro; ese baúl que agocha os nosos tesouros máis prezados.

                                                  

                                                              

Esta actividade, xunto coa lectura do "Manifesto" por parte dos alumnos e alumnas de 5º e 6º de educación primaria; formou parte dos actos programados polo Concello de Meira, aos que tamén se uniron o IES Pedregal de Irimia e a Escola Superior de Música (ESMU).

Podedes ver as imaxes e videos da xornada AQUÍ.

ECO-ENTROIDO 2022

Aquí vos deixamos un pequeno recordatorio do noso Entroido deste ano.Con poucos materiais, e moitos deles reutilizados; logramos poñer unha nota de cor e orixinalidade ao noso percorrido polas principais rúas da vila, recuperando deste xeito o tradicional desfile; tras dous anos de parón por mor da crise sanitaria.

  

                           VIDEO ENTROIDO 2022

                                                               

DÍA DE ROSALÍA.

Este ano, para celebrar o aniversario do nacemento de Rosalía de Castro; quixemos combinar tradición (a que encerran as verbas rosalianas) e avances tecnolóxicos (coa creación de códigos QR). Todo isto baixo o lema "Lendo e escoitando a Rosalía".

Cada aula elixiu un anaco dun poema e elaborou o correspondente código QR. Estes códigos distribuíronse por distintos lugares da vila, para que todo aquel que o desexe poida gozar deles. Atoparédelos en: A Galiña Azul, Casa da Cultura, Oficina de Turismo, Casa do Concello, Centro de Saúde, IES Pedregal de Irimia, librería A Praza e librería O Pedregal.

Tamén podedes escoitalos no documento adxunto.

                                                

PROXECTO XORNADA ÚNICA

Na marxe dereita desta páxina, no apartado "Proxecto Xornada Única" atoparedes toda a información respecto ao mesmo; que se irá facendo pública nos vindeiros días.

MENSAXES DE PAZ

O 30 de xaneiro está dedicado a conmemorar nos centros educativos unha cultura de non violencia e de paz. 

Neste día celébrase o aniversario da morte de Mahatma Gandhi (India, 1869-1948), líder pacifista que defendeu e promoveu a non violencia e a resistencia pacífica fronte á inxustiza; e que foi asasinado por defender estas ideas. 

Unha educación inspirada nunha cultura de non violencia e de paz permite ao noso alumnado adquirir coñecementos, actitudes e competencias que reforcen o seu desenvolvemento como cidadáns globais críticos e comprometidos cos seus dereitos e cos de outras persoas.

O Día da Paz, pola súa temática xeral, pódese traballar desde distintos ámbitos. Nós, este ano, quixemos partir do libro "El poder de las palabras" Aprendiendo a ser feliz (de Soledad Carmona e Paco Ortega); o que nos deu idea do poder que teñen as palabras. Estas palabras "poderosas" foron as que os alumnos e alumnas plasmaron en cadansúa botella, coa que posteriormente elaboramos un mural.

Pero tamén descubrimos o poder das palabras na canción "Baile da Paz" de Mamá Cabra; coa que puxemos o punto final á xornada.

                                            

NADAL 2021

EXPERIENCIAS FÓRA DA AULA (1º TRIMESTRE)

Despois de case dous cursos, empezamos a retomar as saídas complementarias e extraescolares.

No mes de novembro, o alumnado de 5º e 6º de primaria realizou unha visita aos Museos Científicos Coruñeses (Domus, Aquarium Finisterrae e Casa das Ciencias), aproveitando a gratuidade das entradas a ditos museos e como complemento ás actividades realizadas no centro para conmemorar o Mes da Ciencia en Galego.

Unha xornada de convivencia frutífera, onde o tempo acompañou e os coñecementos se enriqueceron.

          

Podedes ver máis imaxes na galería.


O 10 de decembro, foron os alumnos e alumnas de 5º/6º de educación infantil e 1º/2º de educación primaria; os que desfrutaron dunha xornada de cine no Centro Comercial "As Termas".

A película elixida: Encanto, un musical/comedia que nos sitúa nas montañas de Colombia e que ten como protagonista á familia Madrigal.

De sobra está dicir que voltaron "encantad@s" SorrisoSorriso

                                                                                              

Pero tamén houbo ocasión de facer (non só unha, senón dúas) visitas á Oficina de Correos da localidade.

En primeiro lugar, os nenos e nenas de educación infantil, que levaban unhas postais elaboradas por eles mesmos; e destinadas a alguén moi especial!!!!

                                                     

E na xornada do día 20; o alumnado de 5º de educación primaria entregou na mesma oficina, as cartas que cadaquén escribiu para alguén que; por suposto, non imos desvelar...

                                             

 

Distribuir contido


by Dr. Radut