Skip to Content

BOLSAS E AXUDAS PARA ALUMNADO NEAE 2024-2025

BOLSAS NEAE 2024-2025

ATA CANDO É O PRAZO?

Dende o pasado 30 de abril de 2024 ata o 13 de setembro de 2024, está aberto o prazo para solicitar as bolsas para o alumnado con Necesidade específica de apoio educativo (NEAE).

En caso de que o teu fillo/a cumpra os requisitos e vaias solicitar dita axuda antes de que remate o curso, contacta con Natalia (orientadora), ben chamando ao teléfono do centro ou ben no teléfono do Departamento de Orientación: 881880660.

 

QUEN SON OS DESTINATARIOS DAS AXUDAS?

  • A) Axudas directas para os alumnos, incluindo ao alumnado TDAH (Trastorno por déficit de atención e hiperactividade), derivadas de discapacidade, de trastornos graves de conducta ou trastornos graves de comunicación e da linguaxe asociadosa necesidades educativas especiais.
  • B) Alumnado con Trastorno de espectro autista (TEA).
  • C) Discapacidade ou trastornos graves de conducta ou trastornos graves e comunicación e da linguaxe asociadosa necesidades educativas especiais para familias numerosas.
  • D) Alumnado con Altas Capacidades.

CÓMO CUBRO A SOLICITUDE?

A solicitude cúbrese de modo telemático nesta ligazón: https://sede.educacion.gob.es/sede/login/inicio.jjsp?idConvocatoria=2109 

No portal de becas de educación tedes os pasos a seguir á hora de cubrir o formulario: https://www.becaseducacion.gob.es/becas-y-ayudas/ayudas-apoyo-educativo/como-solicitarla.html 

QUE DOCUMENTACIÓN TEÑO QUE APORTAR?

documentación que debedes traer ao centro, tras cubrir a solicitude telemática:

  • Solicitude impresa
  • Informe cuberto do gabinete
  • Fotocopia de certificado de discapacidade igual ou superior ao 25 % (se ten) ou informes médicos.
  • Fotocopia dos DNI de todos os membros da unidade familiar
  • Fotocopia da conta bancaria na que conste como titular ou cotitular o alumno/a que solicita a bolsa.

Unha vez que a solicitude esté revisada, con todos os apartados ben cumprimentados e a documentación necesaria, entregaráseche no centro o resgardo selado, que servirá como xustificante de que presentaches a solicitude en prazo.

NON ESQUECER ASINAR TODOS OS APARTADOS, SOBRE TODO:

  • Asinar para autorizar á Axencia Estatal de Administración Tributaria (AEAT) a facilitar os datos económicos ás administracións educativas (páxina 1).
  • Asinar todos os membros da unidade familiar no apartado “A CUMPRIMENTAR POR TODOS/AS OS/AS SOLICITANTES”.

 

Debaixo desta publicación, inclúese unha infografía como ficheiro adxunto no que podes visualizar os pasos a seguir.

 

CHARLA PARA FAMILIAS SOBRE DISCIPLINA POSITIVA E INTELIXENCIA EMOCIONAL

CHARLA SOBRE DISCIPLINA POSITIVA

O próximo mércores 29 de maio terá lugar no centro unha charla formativa para todas as familias, tanto da etapa de Educación Infantil como de Educación Primaria. Será impartida por Mallo Rodríguez, experta en intelixencia emocional.

 

Comezará ás 16:10 horas e durará aproximadamente unha hora e media. Trataranse diversos temas: disciplina positiva, intelixencia emocional e comunicación, onde aprenderemos como levar a cabo unha resolución pacífica de conflictos na casa. 

Agardámosvos.

DÍA DO LIBRO: BOOKTUBERS

E TI, ES DOS QUE TE DEIXAS ACONSELLAR?

O ALUMNADO DE 4ºEP FÍXOSE BOOKTUBER POR UN DÍA PARA RECOMENDAR (OU NON) ALGÚNS DOS LIBROS QUE LERON.

DALLE PLAY!!!

 

 

ALIMÉNTATE BEN! NUTRIESCOLAS-0

ALIMÉNTATE BEN!  NUTRIESCOLAS-0

 

Coa colaboración de EVA, nutricionista do centro de saúde de Cee, o pasado venres 22 de marzo os nenos e nenas de infantil participaron nun taller de alimentación saudable.

 

CHARLA PARA PAIS E NAIS: "PANTALLAS E CONDUCTA"

ADMISIÓN ALUMNADO PARA O CURSO 2024/25

Do 1 ao 20 de marzo (ambos inclusive) abre o prazo para presentar as solicitudes de admisión de alumnado para o curso 2024/25.

 

Poden presentar as solicitudes:

 

As solicitudes deberán ir acompañadas dunha copia do libro de familia ou documento equivalente e do certificado de empadroamento.

 

Maís información en https://www.edu.xunta.gal/admisionalumnado/

 

 

XORNADA DE PORTAS ABERTAS (22 febreiro) E RESERVA DE PRAZAS (1-20 marzo)

XORNADA DE PORTAS ABERTAS (22 febreiro) E RESERVA DE PRAZAS (1-20 marzo)

ABERTO O PRAZO PARA RESERVA DE PRAZA NO CENTRO DE ADSCRICIÓN PARA O CURSO 2024/25

Infórmase que o prazo para presentar as solicitudes de reserva de praza no centro de adscrición (IES Fin do Camiño) para o curso 2024/25 está aberto do 15 de xaneiro ao 5 de febreiro.

Poden presentar as solictudes presencialmente neste centro educativo ou a través da aplicación Admisionalumnado.

 

Na seguinte ligazón poden consultar o calendario do procedemento de admisión e matrícula.

 

Máis información en:

https://www.edu.xunta.gal/admisionalumnado/Axuda.action

"LÚA QUERE VIAXAR A MARTE"

O 20 de novembro os nenos e nenas de Educación Infantil tivemos a sorte de poder coñecer a historia de Lúa, unha nena que, despois de moitas aventuras, quixo embarcarse noutra: unha viaxe a Marte! O conto lévanos ó achado de que as nenas poden chegar tan lonxe como elas queiran.

Esta actividade tivo lugar grazas á ANPA do noso cole e estaba enmarcada nas actividades relacionadas co Día da Eliminación da Violencia de Xénero, que ten lugar o 25 de novembro.

MAGOSTO

O día 17 de novembro celebramos o magosto no cole.

A festa foi organizada pola Ampa e acudimos todos os membros da comunidade educativa.

Comemos castañas, bailamos ao ritmo da música tradicional que os profes Nacho, Mateo e Ramón interpretaron e mesmo xogamos a varios xogos tradicionais.

Pasámolo moi ben!

MAXIA EDUCATIVA

Na mañá do 13 de novembro, alumnado e profesorado, presenciamos no centro un espectáculo de maxia educativa a cargo da compañía “Magia en la Manga”.

Os ilusionistas Carlos Tomico e Sara Rodríguez ensinaron dunha forma lúdica a importancia da igualdade de xénero a través da arte do ilusionismo e das vivencias das mulleres ilusionistas, así como a recoñecer o papel das mulleres ilusionistas no mundo da maxia e a tomar concienciar da necesidade da igualdade de xénero en todos os ámbitos da sociedade.

Estamos ben seguros que o espectáculo despertou a curiosidade e a fascinación de pequenos e grandes!

ZOMBIS

CAMPAÑA DE RECOLLIDA DE ROUPA

Como todos os anos, colaboramos coa empresa Mariola Solidaria que colabora a súa vez con Global Humanitaria nunha Campaña Solidaria de recollida de roupa e zapatos usados para os nenos e nenas da India.

LISTAXE PROVISIONAL FONDO LIBROS

Infórmase que está publicado no taboleiro do centro a listaxe provisional de admitidos no programa de fondo libros (3º e 4º EP).

O prazo de reclamación é de dous días hábiles. 

AXUDAS PARA ADQUIRIR LIBROS DE TEXTO E MATERIAL ESCOLAR

Infórmase que a partir do 29/06 están dispoñibles no centro os vales para adquirir os libros de texto (1º e 2º EP) e material escolar (1º - 6º EP).

Para a súa recollida diríxanse á secretaría do centro en horario de 11:00 a 13:00 h.

 

O FARO 2022/2023

23mayo23. EXCURSIÓN DE 3º, 4º E 5º ÁS ILLAS ONS

FONDO SOLIDARIO DE LIBROS DE TEXTO E AXUDAS PARA MATERIAL ESCOLAR. CURSO 23-24

 

Xa está aberto o prazo de solicitude de participación no fondo solidario de libros de texto (3º e 4º EP), de axudas para adquirir libros de texto (1º e 2º EP) e material escolar (EP) para o curso 2023-2024. Pódense consultar as bases da convocatoria aquÍ (DOG).

 

Para ser beneficiario desta axuda é preciso cumprir os seguintes requisitos:

  • ter devolto os libros de texto adquiridos coas axudas do curso 22-23 (agás o alumnado de 1º e 2º EP)
  • ter unha renta per cápita familiar igual ou inferior a 10.000 €. A renda será a do exercicio 2021.

 

Documentación a achegar:

 

No caso de tramitalo a través do centro educativo:

  • Copia do libro de familia en que figuren todos os membros da unidade familiar (Se non houbo variacións con respecto ó ano anterior, non é preciso aportar a copia porque xa se dispón dela no centro). No caso de non ter libro de familia, ou se a situación familiar a 31 de decembro de 2021 non coincide coa actual, poderá presentarse sentencia xudicial de separación ou divorcio, ou de ser ocaso convenio regulador onde figure a custodia; certificado ou volante de convivencia ou informe dos servizos sociais.

  • Certificado acreditativo do grao de discapacidade, se fose o caso, recoñecido por un órgano que non pertenza á Xunta de Galicia.

 

O prazo de entrega da documentación remata o 21 de xuño de 2023.

  

O alumnado de 5º e 6º de Primaria continúa no Proxecto E-dixgal quedando exento das axudas para a adquisición de libros de texto xa que disporá de libros gratuitos en formato dixital.

20marzo23. EXCURSIÓN A CAMELLE

 

KAHOOT INTERCENTROS SEMANA SANTA 2023

Os alumnos de Relixión de 3º a 6º participarán este mesmo venres e a semana que ven no KAHOOT INTERCENTROS SEMANA SANTA 2023, un divertidísimo concurso en torno á Semana Santa xunto a preto de 10.000 alumnos de Primaria de toda España.

Distribuir contido


by Dr. Radut