Skip to Content

Secretaría

XORNADA DE PORTAS ABERTAS (22 febreiro) E RESERVA DE PRAZAS (1-20 marzo)

XORNADA DE PORTAS ABERTAS (22 febreiro) E RESERVA DE PRAZAS (1-20 marzo)

FONDO SOLIDARIO DE LIBROS DE TEXTO E AXUDAS PARA MATERIAL ESCOLAR. CURSO 23-24

 

Xa está aberto o prazo de solicitude de participación no fondo solidario de libros de texto (3º e 4º EP), de axudas para adquirir libros de texto (1º e 2º EP) e material escolar (EP) para o curso 2023-2024. Pódense consultar as bases da convocatoria aquÍ (DOG).

 

Para ser beneficiario desta axuda é preciso cumprir os seguintes requisitos:

  • ter devolto os libros de texto adquiridos coas axudas do curso 22-23 (agás o alumnado de 1º e 2º EP)
  • ter unha renta per cápita familiar igual ou inferior a 10.000 €. A renda será a do exercicio 2021.

 

Documentación a achegar:

 

No caso de tramitalo a través do centro educativo:

  • Copia do libro de familia en que figuren todos os membros da unidade familiar (Se non houbo variacións con respecto ó ano anterior, non é preciso aportar a copia porque xa se dispón dela no centro). No caso de non ter libro de familia, ou se a situación familiar a 31 de decembro de 2021 non coincide coa actual, poderá presentarse sentencia xudicial de separación ou divorcio, ou de ser ocaso convenio regulador onde figure a custodia; certificado ou volante de convivencia ou informe dos servizos sociais.

  • Certificado acreditativo do grao de discapacidade, se fose o caso, recoñecido por un órgano que non pertenza á Xunta de Galicia.

 

O prazo de entrega da documentación remata o 21 de xuño de 2023.

  

O alumnado de 5º e 6º de Primaria continúa no Proxecto E-dixgal quedando exento das axudas para a adquisición de libros de texto xa que disporá de libros gratuitos en formato dixital.

Recollida de axudas para libros e material

A continuación exponse o horario para recoller as axudas para adquisición de libros de texto (1º e 2º EP) e de material escolar (1º - 6º EP).

Luns 29

1º EP: 10:00 - 11:00

2º EP: 11:00 - 12:00

3º EP: 12:00 - 13:00

Martes 30

4º EP: 10:00 - 11:00

5º EP: 11:00 - 12:00

6º EP: 12:00 - 13:00

 

Recorden manter a distancia de seguridade e facer uso das máscaras de protección.

 

En relación ao sistema de préstamo do fondo libros, exporase no taboleiro do colexio o número de libros aos que terá dereito cada alumno/a. Máis adiante, nas listaxes definitivas, especificarase que libros recibe do fondo e cales se terán que mercar. 

 

LISTAXE DE LIBROS CURSO 2020/21

Adxúntaxe a listaxe dos libros para o curso 2020/21. Quedan pendentes de elección os libros de relixión católica para Educación Infantil que se exporán en canto se saiba.

Listaxe libros 2020/21

LISTAXE DEFINITIVA DE ADMITIDOS/AS CURSO 2020/21

Publícanse as listaxes definitivas de admitidos/as para o curso 2020/21.

Listaxes definitivas 2020/21

Tódolos solicitantes figuran como admitidos/as.

 

LISTAXE PROVISIONAL DE ADMITIDOS CURSO 2020/21

Publícanse as listaxes provisionais de admitidos/as para o curso 2020/21.

Listaxes provisionais 2020/21

Tódolos solicitantes figuran como admitidos.

O prazo de reclamación é de 3 días hábiles. Despois deste período publicarase a listaxe definitiva.

AXUDAS PARA MATERIAL E FONDO DE LIBROS

ÁBRESE O PRAZO PARA SOLICITAR A PARTICIPACIÓN NO FONDO DE LIBROS E NAS AXUDAS TANTO DE MATERIAL COMA DE LIBROS.

Preme nos seguintes enlaces para obter máis información:

Solicitude:

Debido as circunstancias actuais producidas polo COVID-19, a entrega da documentación farase a partir do 1 de xuño da seguinte maneira:

Horario: de 11:00 a 12:00 h

Luns: alumnado que promocione a 1º e 2º de E.P.
Martes: alumnado que promocione a 3º e 4º de E.P.
Mércores: alumnado que promocione a 5º de E.P.
Xoves: alumnado que promocione a 6º de E.P.

O alumando que promociona a E.S.O. deberán facelos trámites no instituto de destino.

 

Recordade que o uso da mascarilla en espazos públicos é obrigatorio. Rogamos se respecte en todo momento a distancia de seguridade.

Días non lectivos do centro

Xunto o calendario escolar,o centro ten como días non lectivos o 7 de decembro e o 20 de maio

Admisión alumnado 2013/2014

Nesta páxina atoparedes toda a información necesaria para admisión dos vosos fill@s no centro.

http://www.edu.xunta.es/web/node/8858

Distribuir contido


by Dr. Radut