Skip to Content

Saídas e celebracións

15 febreiro. ARDE O COLE (case)

Como levamos facendo xa uns anos, o 15 de febreiro levouse a cabo un simulacro de incendio no centro escolar coa presenza dos bombeiros. Ao rematar o simulacro os bombeiros deixaron ao alumnado subir no camión e ver os diferentes materiais que utilizan, o que fixo que algún xa decidira o que quere ser de maior.

 

3 febreiro. DÍA MUNDIAL DA LOITA CONTRA O CANCRO

 

  

O 4 de febreiro conmemórase o Día Mundial contra o cancro. Este ano a Xunta Provincial da AECC chama a traballar pola prevención, polo incremento da calidade de vida do paciente e pola investigación oncolóxica.

            Como tódolos anos a comunidade educativa do CEIP Mar de Fóra únese a esta loita. Deste xeito, o venres 3 de febreiro os nenos e nenas do colexio acompañados polo profesorado e membros da Xunta Local da AECC formaron un lazo xigante no patio ao tempo que brandían globos verdes.

            Día solleiro que invitaba á participación e esperamos que tamén axude a tomar conciencia e a formar unha nova xeración de guerreiros e guerreiras contra o cancro.

22 decembro. FESTIVAL DE NADAL

O pasado xoves 22 de decembro celebramos o Festival de Nadal con gran alegría despois de dos anos se poder facelo pola pandemia. Cada curso preparou un número:

Os de Infantil se marcaron un baile de ritmo latino que falaba de como adornar a árbore de Nadal.


En 1º prepararon un baile coa canción "Santa Claus rock", en inglés, con moito ritmo e mencionando as partes do corpo.

Os de 2º bailaron unha canción sobre o Apalpador, o noso "papá noel" galego.

3º currouse outro baile. Desta vez a música era un mix de populares cancións ben movidiñas das últimas décadas.

Os de 4º cantaron e bailaron "Xa non traen", unha versión do "Hang Up" de Madonna, cunha mensaxe reivindicativa: Por que os Reis Magos e Papá Noel condicionan os regalos ás notas?

5º preparou unha graciosa obriña teatral chamada "A aula de 5º". A peza estaba inxeniosamente chea de ocurrencias barbaridades. A gran pregunta quedou no aire: Será realmente así a clase de 5º? Ademais da obriña tamén bailaron o hit "All I Want for Christmas is You".

Os de 6º deleitaronnos cun Concerto de Ano Novo, que súa marcha Radesky e todo. Un pouco accidentado o concerto, pero no conxunto, un éxito total.

Antes de rematar tivemos a entrega de premios do concurso de postais de Nadal e do campionato de futbolín. As postais gañadoras foron as de Clara Delgado Llamas e ..... Os gañadores do campionato de futbolin foron: Diego e Juan (1º-2º), Joel e Ignacio (3º-4º), e ............

Rematou todo, como no, coa visita dos Reis Magos, que fixeron as delicias sobre todo dos mais pequenos e encheron os petos de todos con caramelos.

 

13 diciembre. EXCURSIÓN AO MUPEGA EN SANTIAGO. 5º e 6º

O pasado 13 de decembro os cursos de 5º e 6º fixemos unha visita ao Museo Pedagóxico de Galicia (MUPEGA), onde descubrimos como era a educación que se impartía nas escolas a finais do s.XIX e ó longo do s.XX. Que diferencia co que temos agora!

 
 
 

25 novembro: DÍA INTERNACIONAL DA VIOLENCIA DE XÉNERO

O 25 de novembro celebrouse no salón do Concello un acto en contra da violencia de xénero no que participaron os alumnos de 6º de todos os colexios da zona. Aquí tedes os nosos nenos:

 
 
 

Excursión as Fragas do Eume (16 maio 2016)

O luns 16 de maio amenceu con néboa, pero segundo avanzaba o día e viáxabamos cara ó norte, o sol saíu e sorriunos. Non foi fácil chegar a Eumenatura -Villafail, Monfero (www.eumenatura.com)-, lugar lonxano e apartado da civilización, pero pagou a pena, porque ofrecía o que andabamos buscando: aventura e natureza. A mañá fomos dar un paseo por corredoiras do lugar que atravesaban prados e subían e baixaban por laderas empinadas, recorridas por regatos de prata e poboadas por unha gran variedade de árbores e plantas. De caer a rolos teríamos chegado ó río Eume, que corría moi por debaixo de nós. Pero ninguén se descalabrou, aínda que algún sí escorregou e caeu de cu ou meteu un pe no regato. Vimos muiños ben vellos onde hai tempo as familias da zona molían o seu millo.

Xa de volta descansamos e comimos. Bueno, algúns só comeron, porque había unha zona de xogos con materiais deportivos que foron demasiado tentadores. Fútbol, voleibol, tiro de corda, carreiras de sacos, badminton, sillas musicais... todo o mundo xogou o que quiso.

Despóis fomos a unha sala grande onde tiñan un forno para pan antiguo, deses que tes que quentar con brasas primeiro. Repartíronnos cachos de masa de pan e tras moldeala metémola no forno. En media hora tiñamos cada un o noso cachiño de pan.

O día non deu moito máis de sí. Pero chegoulle. Creo que aquela noite todos durmimos coma anxiños.

Para ver todas as fotos podedes premer aquí ou en calquera das fotos.

 

Distribuir contido


by Dr. Radut