Skip to Content

Animación á lectura

DÍA DE ROSALÍA DE CASTRO

Hoxe é xoves, 23 de febreiro. E como cada ano, celébrase o Día de Rosalía de Castro.


Para lembrar quen é esta escritora, proponse dende o Equipo de Biblioteca o seguinte "Genially".


Estade atentos ó vídeo do principio, porque nel atópanse as respostas ás preguntas do xogo.


Comezamos? 

 

Samaín 2015

O venres 29 de outubro tivo lugar a máis terrorífica celebración do Samaín que se poida imaxinar. A Biblioteca foi decorada para a ocasión con todo tipo de abominables adornos: arañas, cabazas, monstruillos, morcegos, etc. Ó longo da semán os nenos foron convidados a pasar pola biblioteca para coñecer un surtido de libros que tocan esta temática. O venres os pequenos disfrutaron dunha estupenda sesión de contacontos e despois viron algúns simpáticos vídeos de temática de Samaín e Halloween. Os maiores tamén tiveron sesión de vídeos destes que dan medo (aínda que sin pasarse). Por outra banda, no hall lucía unha fermosa exposición de cabazas artísticamente pintadas ou talladas. Un 10 para a imaxinación dos nenos... e dos pais!

Estas son algunhas das fotos que fixemos, pero si queredes ver todo o álbum, premede aquí ou en calquera das fotos.

     
     
Distribuir contido


by Dr. Radut