Skip to Content

Actividades complementarias

Nadal 2015

  O venres 18 de decembro tivo lugar o tradicional festival de Nadal, ao que precederon días de intensa ambientación e preparación. O colexio enteiro vestíra e de Nadal nas dúas semanas anteriores (como exemplo podedes ver como quedou decorada a biblioteca no album de fotos – só tedes que premer en calquera das fotos de abaixo) e ese día todo foi emoción e alegría polo comezo das ben merecidas vacacións despois dun longo trimestre de traballo.

 

  Cada curso preparou unha actuación. Os pequenos, vestidos de vacas (ese é o proxecto que andan a traballar) cantaron a “vaca lechera” e tocaron outra peza con moita gracia. Os de 1º apareceron de duendes e axudaron a Papá Noel a atopar os seus calzons mentres bailaban. Os nenos e nenas de 2º prepararon unha elaborada coreografía. Os de 3º cantaron, e os de 4º bailaron e interpretaron unha peza na flauta. Os de 5º transmitíronnos unha fermosa lección sobre o verdadeiro valor das persoas a través dun divertido teatriño sobre un “talent show”. Os de 6º, ademáis de tocar a flauta, rendiron un sentido e simpático homenaxe a Freddie Mercury ao ritmo da súa propia música.

 

  Despois seguiron a rifa da cesta de Nadal, que non tocou a ningún profesor, e a entrega de premios do concurso de postais de Nadal. Os gañadores foron: Germán (EI), Ainara (2º) e Lucía Valdomar (4º). O festival rematou coa visita das súas Maxestades os Reis Magos de Oriente, que repartiron caramelos xenerosamente. Despois, xa no patio, todos os asistentes foron invitados a un chocolate quentiño.

Aquí tes unhas poucas fotos. Se as queres ver todas, preme aquí ou en calquera das fotos.

 

   
     
     

Samaín 2015

O venres 29 de outubro tivo lugar a máis terrorífica celebración do Samaín que se poida imaxinar. A Biblioteca foi decorada para a ocasión con todo tipo de abominables adornos: arañas, cabazas, monstruillos, morcegos, etc. Ó longo da semán os nenos foron convidados a pasar pola biblioteca para coñecer un surtido de libros que tocan esta temática. O venres os pequenos disfrutaron dunha estupenda sesión de contacontos e despois viron algúns simpáticos vídeos de temática de Samaín e Halloween. Os maiores tamén tiveron sesión de vídeos destes que dan medo (aínda que sin pasarse). Por outra banda, no hall lucía unha fermosa exposición de cabazas artísticamente pintadas ou talladas. Un 10 para a imaxinación dos nenos... e dos pais!

Estas son algunhas das fotos que fixemos, pero si queredes ver todo o álbum, premede aquí ou en calquera das fotos.

     
     

Entroido 2015

 

Desafiando os elementos de chuvia, frío e vento, todo o coexio saiu festexar o Entroido. Sen dúbida é unha das actividades mais alegres do ano, e tamén a mais laboriosa. O tema foi o espacio sideral ou universo, como o queirades chamar. Desfilaron astronáutas pequeniños, guerreros galácticos de 1º e 2º, planetas de 3º e 4º e cohetes espaciais de 5º e 6º. Foi moi divertido e maravilloso poder contar coa axuda e compañía de moitos pais que se uniron a nós.

Fixemos moitas fotos, que podedes velas todas premendo aquí ou en calquera destas:

 
 

Día da Paz 2015

O 30 de Xaneiro celebramos o día da Paz. Fixémolo creando unha árbore de papel na que as follas son as manos de tódolos nenos e nenas do cole. Despois cantamos unha divertida canción: "Todos somos capitáns", de Magín Blanco. Por último, aproveitamos para despedirnos do noso querido Pereira, que ese día se xubilou.

Podedes ver as fotos desa celebración aquí.

 

Magosto 2014

O pasado luns 10 de Novembro tivo lugar o tradicional Magosto do Colexio. Como noutras ocasións, organizáronse xogos para todos os nenos antes de degustar as castañas. Tamén se entregaron os premios aos ganadores do concurso de cohetes de Educación Infantil. O noso agradecemento ao grupo de nais que axudaron a asalas. Aquí tedes o álbum completo de fotos (tamén podedes premer en calquera foto).

 

Samaín 2014

A finais de Outubro, preparando a festa de Todos os Santos e Difuntos, organizamos un concurso de cabazas. Outros anos fixéramos unha exposición de froitos de outono, pero desta vez deunos por aí. Os alumnos déronnos cabazas! Pero non daban medo. Preme aquí, ou en calquera das fotos, para ver o álbum enteiro.
   

EXCURSIÓN FIN DE CURSO 2014

 

Chegou o final de curso, e para celebralo fomos de excursión. Desta vez non marchamos lonxe, pero marchamos a pé. Os maiores metéronse pola area; os do 1º e 2º ciclos non entraron na praia. O noso destino foi o campo de fútbol do Fisterra. Fíxonos un día espléndido, así que brincamos por alí facendo xogos, partidos e demais, todo o que quixemos. Foi unha gran despedida para os compañeiros de 6º, que para o ano xa empezan a Secundaria. Para ver as fotos preme aquí ou en calquera das fotos.
     
     
     

Antroido 2014

O venres 28 de Febreiro disfrazámonos todos e saímos polas rúas da vila. Foi un día para lucir as galas tan esforzadamente preparadas ao longo de varias semanas.

Se queres ver o álbum de fotos completo preme aquí ou en calquera das fotos.

 

Día da Paz 2014

O xoves 30 de Xaneiro celebramos o Día da Paz. Fixémolo cantando unha alegre canción de Juanes, "Paz, paz, paz" e presentando un mural alusivo ao tema no que colaboraron todos os cursos.

Se queres ver o álbum de fotos completo, preme aquí o en calquera das fotos.

Festival Nadal 2013

O venres 20 de Decembro celebramos o Festival de Nadal. Divertidas actuacións, emocionante visita das súas Maxestades os Reis Magos de Oriente e deliciosa chocolatada para rematar.

Para ver o álbum completo de fotos preme aquí o en calquera das fotos.

Magosto 2013

 O luns 11 de Novembro á tarde celebramos, como cada ano o noso Magosto. Foi unha festa alegre e memorable chea de xogos e castañas.

Para ver as álbum de fotos completo preme aquí ou en calquera das fotos.

Excursión fin de curso - 21 Xuño 2013

Como cada curso, rematamos as clases cunha excursión inolvidable. Este ano tocou visitar Corcubión, o seu Museo do Mar, e un "tour" en barco pola ría.

Para ver o álbum de fotos enteiro preme aquí ou en calquera das fotos.

O MAGOSTO

Érase unha vez alá polo mes de Outubro cando os nenos e nenas do Ceip Mar de Fóra celebraban a festa do Magosto.

O ENTROIDO

Pum pum pum!!! O entroido chamou á nosa porta.

DÍA DA PAZ

Co motivo da celebración do día da Paz o 30 de Xaneiro decoramos o noso colexio con símbolos como pombas, letras, medallóns... Creamos un ambiente tranquilo e cheo de cor.

Todos estivemos conectados participando nunha gran rede cos nosos nomes.

E por fin desfilamos por unha gran pasarela amosando as redes.

O NADAL

E chegou o Nadal! Con ledicia os nen@s decoraron o colexio con motivos navideños como as campás, bolas, Papá Noel, estrelas de cores variadas e os Reis Magos.

O MAGOSTO

Érase unha vez alá polo mes de Outubro cando os nenos e nenas do Ceip Mar de Fóra celebraban a festa do Magosto.

Todos atopábamonos moi ledos realizando os preparativos para este evento.

O MAGOSTO
Distribuir contido


by Dr. Radut