Programas, Pivot, Tux paint, GIMP

Audacity

00/00/
Array

logo do programa

Audacity é un programa libre e de código aberto para grabar e editar sons. Con él poderemos eliminar as partes sobrantes dos nosos audios e incluso montar a nosas propias mezclas. Para poder exportar os arquivos en formato mp3 imos precisar o codificador LAME.Nos enlaces xa tedes as instruccións de descarga.

Cando vaiades executar o programa por vez primeira podedes escoller idioma e configuralo en galego.

Ten unha versión "portable" para levar nas memorias USB moi práctica para non ter que instalalo no ordenador.

´Nesta presentación , tedes un manual moi completiño.

LIM

00/00/
Array

                                                   logo programa LIM

O sistema Lim é unha contorna para a creación de materiais educativos, composto por un editor de actividades (EdiLim), un visualizador (LIM) e un arquivo en formato XML (libro) que define as propiedades do libro e as distintas páxinas que o compoñen.

Desde o punto de vista educativo, coma vantaxes podemos destacar: :

  • Contorna agradable.
  • Facilidade de uso para os alumnos e alumnas.
  • Actividades atractivas.
  • Posibilidade de control de progresos.
  • Avaliación de exercicios.
  • Recurso fácil para o docente. Non hai que preparar os ordenadores.
  • Posibilidade de utilización en ordenadores, pda e Encerados Dixitais Interactivas.
  • Creación de actividades de forma sinxela.

Neste enlace atoparedes como instalas e dar os primeiros pasos có programa.

 

GIMP

00/00/
Array

 Logo do programa

GIMP (GNU Image Manipulation Program) é un programa de manipulación de imaxes do Proxecto GNU. Publícase baixo a  licencia GNU General Public License. É a alternativa máis firme do software libre ó popular programa de retoque fotográfico Photoshop. Imos utilizalo nas sesión na aula de Informática para editar e modifcar as nosas imaxes.

PIVOT

imaxe exemplo de Pivot

Pivot é un programa moi simple para crear animacións que estamos utilizando este ano na aula de Informática e no encerado dixital.ó igual que tuxpaint , tamén é de descarga gratuíta. Se non funciona o link anterior podedes descargalo aquí

As instruccións danse en Inglés porque o programa non está traducido á nosa língua pero de paso repasamos e aprendemos novo vocabulario en Inglés.

A quí tedes unha pequena traducción por si non recordades as instruccións na casa .

File--"Arquivo"

Delete--"borrar"

Create figure type--"Crear unha figura nova"

Load figure type--"Cargar unha figura das que xa temos creado"

Save as--"Gardar como"

Add to animation--"engadir á animación"

stick figures--"figuras"

animations--"animacións

Seguiremos engadindo explicacións de como funciona o programa e do que facemos nas sesións de Apoio ás distintas áreas do currículo na aula de Informática e nas sesións de Plástica en 6º.

Open Office

00/00/
Array

Open Oficce é a alternativa de software libre ó Microsof Office.

Os seus compoñentes son:

  • Writer
  • que equivale a Word
  • Calc
  • Folla de cálculo que pódese usar como Excel
  • Impress
  • Programa similar ó Power Point para facer presentacións.
  • Draw
  • Programa de debuxo que ben sendo "Paint"
  • Base

 Unha base de datos que equivale ó Access.

Podemos descargalo dende a páxina.

Distribuir contido